11 April, 2008

E eso é bó ou é malo para o Exército?


-Señora Chacón, me gustaría darle el empleo. Sólo una cosa: ¿usted tiene pensado quedarse embarazada en los próximos meses?

O recorte foi tomado da edición de El Mundo de Internet. Que pensará Agatha Ruiz de la Prada? Será un exemplo de xornalismo liberal, seguro, pero a min prodúceme noxo este sexismo de tres pesetas. Suxire o rotativo de Pedro J que o feito de estar embarazada inflúe no rendemento? Ou quizáis pretende tranquilizarnos ao afirmar que, posto que está preñada, é moi posible que Carme Chacón non sexa unha maricona (de merda) roxa?
Aínda hai empresas, moitas, que preguntan á entrevistada se pensa ter fillos daquí a pouco. Laissez faire, viva o liberalismo.

O prezo dos mortos

-Viches? En Iraq morreron xa máis de 600.000 persoas. E catro mil americanos!
-Que barbaridade... Catro mil americanos!

01 April, 2008

Cinco minutos para ti

Os suecos tomaron hoxe unha pausa de cinco minutos de tranquilidade e descanso (Foto: DN)

Había tempo que non paseaba polas pensións de mamá Pavor. Si, amigos, hoxe regresei ao dentista. Por suposto non se debía a unha limpeza e/ou coidado oral que tanto recomendan 9 de cada 10 dentistas (o que queda ten que ser un puto cachondo...), eso déixollo aos masocas, senón por dor, pura e simplemente. Éme inconcebible que alguén poida espertarse un día con tamaño amor de dentes que as encías tiren bucólicas cara unha clínica de piños. Hainos, que nesta vida ten que haber de todo, pero dende logo non é o meu caso.
Alí estaba eu, sentado na sala de espera, con ese silencio de tanatorio onde todos nos dicimos coa mirada: "non somos ninguén", "pena de dentífrico cando era cativo", "como unha cousa tan pequena pode facer tantísimo dano, Señor"... Nese momento, a vida pasa coma unha peli. Ves unha luz ao final. Sae dunha habitación. É a lámpada que vixila dende arriba ese sillón de segunda man recén chegado de Guantánamo onde te sentarás con postura fetal nuns segundos pero que unha vez alí serán séculos.
Mentras agardaba, digo, pensei que o peor que lle pode pasar a un cagado coma min sería chegar á clínica e que, ao entrar, catro fulanos con bata branca se animansen cun "coño, por fin un cliente".
Pero cando todo esto sucedía, en Estocolmo, esa marabillosa cidade galega do Norte, alguén (autodenomínanse "Colectivo Antiestrés") decidiu convocar ás xentes a cinco minutos de "tranquilidade e descanso". Anna Engström e Henrik Norström, como vedes na imaxe, os respectaron na Grande Estación Central sueca. Benditos sexades.