Drogaedictos
Defender a igualdade cun ollo ao tempo que co outro se debulla un listín entre apelidos arios e xitanos paréceme, cando menos, esquizofrénico. Por non dicir que me parece abraiante que haxa alguén disposto a debuxar a estrela de David sobre a porta dun veciño por ter a firme convicción de que é un delicuente ou, nin sequera eso pero, por non se sabe que intución, inspira trazos a opositor ao talego. Todo esto vén a conto da leria esta de Novo Mesoiro, onde algúns veciños incurren nun dobre erro: a) pensar que os xitanos de Penamoa (Peñamuela, que diría sir Vázquez) non merecen a integración, e b) o que é máis grave: pensar que un veciño, polo feito de ser paio ten menos posibilidades de trapichear con papelinas.
Algún día, estou seguro, a xente volverá sair á rúa, como facía Carmen Avendaño, para dar leccións de dignidade e asfixiar ás ratas que habitaban pazos e circulaban en carros de gran cilindrada. O resto é camuflar o lixo con parches de dudosa ética.
Non me quero imaxinar que pasará se o día de mañá os xitanos son maioría e deciden que a raza aria, a nosa, debe penar polos delictos cometidos. Chéirame que, daquela, non quedariamos nin un.

