Estamos en crise? Rotundamente, non
Agora, non. Sempre estivemos en crise. Eu levo en crise desde sabe o carallo cando. Levo en crise dende que nacín, que nunca recordo unha saída cos meus pais máis aló do Corte Inglés de Madrid. Levo en crise dende cando estudiaba, que non podía meterme tripis, pastillas e cannabis. Mantiven a crise cando cazaba algunha chorbita, coa que pactaba, antes do primeiro polvo, que iamos a medias cada vez que saiamos de restaurante, perdón, de Mc Donalds. A crise foi repugnante na miña primeira gran viaxe, cando estudiaba na Laboral, no Burgo, e fomos a Mallorca nun puto autobús, sen durmir, ata Valencia, onde pillamos un barco (que tortura...) e eu e os meus amigos tivemos que sobar (eu non o logrei, para variar) en butacas mentras os pijos (non me olvido dos vosos caretos, que o saibades) estirábanse en camarotes. E vivo en crise hoxe, mirando a mediados de mes como van os meus amigos de Caixa Galicia, aos que agradezo, iso si, que me presten un piso no que vivo, do tipo HM (Hipoteca Mediante), sen poder ir de veraneo, que horrible expresión, quince días ao último nardo.
Iso, amigos, é a crise.
Pero porque agora falan de crise?
Eu nunca deixei de tomar mortadela. Quéixanse os que a teñen que probar agora?
Os bares están baleiros?
Segue habendo enchufados?
E fillos de papá? Moitos? Mogollón deles?
E os restaurantes?
Non é España campioa de Europa?
As axencias de viaxes pecharon?
As festas gastronómicas botaron freno?
Cantos coches de grande cilindrada vedes pola rúa?
E pisos de flipar?
É o que hai...
10suecos máis
Primeiro habería que definir que é iso da crise. Tanto se soba a palabriña que algúns xa pensan que a inventaron eles.
O triste é que mentres para uns a crise significa seguir aturando as mesmas limitacións de sempre (se acaso un chisco máis), para outros significa que este semestre só van ter 3100 millóns de beneficio.
É o que hai...bem o dizes!! Crise!!!
Aperta
Pregúntalle a eses do Corte Inglés se non venden menos que fai uns meses. Xa verás como che din que sí.
Pregúntallo tamén os parados da construcción que teñen que ir vendimar a uva a Cataluña ou Francia.. etc.
Que aló en Suecia se note menos non quere dicir que non exista.
¿Crisis? ¿Que crisis?
A única crise é a de Charlotte Perrelli..
PAcha
PD: ¿Vas ir este ano a Lulea ó Liet-Lavlut?
A min consoloume ver como non fun a única que pagou sempre a medias nos sitios de comer, que non desfruta de viaxes de "todo incluido" e que con meus pais non pasei da praia de miño en domingo. Que veña a crise que sexa, que eu estou afeita!, xa pensaba que era a única.
Anunciate Gratis en Galego
www.atopar.es "Anuncios en Galego"
tes mais razón que un santo...
POSICIONAMIENTO WEB - Servicios de Informatica
Cibertienda - Todo en Hardware. Ordenadores, Impresoras,Consumibles,Monitores,TFT,TDT,Mp3,Mp4,Cámaras Fotograficas,Gadgets,Routers,Audio,etc.
Hola.
Antes de nada, perdona que te escriba esto como un comentario, pero es que no vi tu email en el tu blog
Soy el webmaster de publizida.es
Publizida BLOG'S es un ranking / directorio de clasificación de blogs en español, creado con el único propósito de dar a conocer los mejores blog's
Registrando su blog en Publizida BLOG'S accederás al servicio de estadísticas gratuitas y podrás participar en el TOP.RANKING
También puedes acceder a la valoración que los usuarios hacen de su página.
Y lo mas importante...
darte a conocer y aumentar el numero de visitantes a tu BLOG de manera totalmente gratuita.
Si te interesa puedes darte de alta
ALTA DIRECTORIO DE BLOGS
o visitanos en ......
DIRECTORIO DE BLOGS
HTTP://PUBLIZIDA.ES
Muchas Gracias por tu tiempo... y disculpa si no fue la mejor manera de darme a conocer.
Un saludo.
DAVID T.
Webmaster de Publizida.es
COCHES DE SEGUNDA MANO Coches de ocasión y de segunda mano
Post a Comment
<< Home