Prometo regresar
Ben, a verdade é que non sei como desculparme. Case vou estar calado e tirar para adiante. Hai xa tempo que non ando por aquí. Son dos que penso que para darlle á tecla ou serve para contar algo (co significado concreto que ten o de "contar algo", transmitir algo) ou se non paga a pena estar calado. De todos modos, prometo regresar xa. Dou ás grazas a todos os que me escribistes preguntando os motivos do meu silencio (que non é tal) e espero non defraudar. Seguiremos informando.
4suecos máis
Malia non escribir nunca, sempre lia con gañas os teus posts, estou ben contento de que volvas a aparecer por aqui e nos deixes saber do que fai un galego no pais dos vikingos...
Mil gracias, meu!!
Hola!!!
De casualidade atopei este blogg buscando non sei qué... no google e quedei abraiada pola sorpresa tan "sorprendente".
Eu vivín en Suecia durante uns anos e penso moito nos meus anos alá aínda que non os podo compartir con moita xente porque non coñezo a ninguén que sepa de que estou a falar, de feito pensan que son unha rara por falar ese idioma, ou perdón, ese dialecto do galego tan norteño...
En fin, estou impresionada e todo o que estiven a ler é maravilloso.
Eu non teño ningunha experiencia nestas cousas, é a primeira vez que escribo nun blogg pero coido que paga a pena.
Regresa pronto, campión!!
Post a Comment
<< Home