20 March, 2008

Os Chikilikuatres do Norte

Aí vos van os representantes escondenabos a Eurovisión. Algo decepcionante en relación con outras edicións, vós diredes.




Que manía a dos suecos de enviar as cancións en inglés. Para eso me matei en estudiar sueco? En fin... Suecia busca os outros Abba ou a outra Carola, pero non dá chegado. Esta Charlotte Perrelli e o seu tema "Hero" parécenme un tostón.





Noruega envía a unha cantante melódica: a actriz Maria Haukaas. A canción titúlase Hold On Be Strong.




Finlandia fai o que sabe e lle dá bo resultado: o hard rock. Se os Lordi gañaron no seu día, por que non Teräsbetoni (pronúnciase terasbetoníiiii e significa "cemento armado")? Este é o seu tema: Missä miehet ratsastaa ("por onde galopan os homes"). Agradécese que cando menos utilicen o finés...

2suecos máis

Anonymous Doutora Seymour said...

Vese que por eses lares non son tan democráticos coma nós...
( que lle quere, unha tenta consolarse das futuras vergonzas como pode)
Un saúdo.

1:01 AM  
Anonymous Pacha said...

Home, o tema de Chochotte Perrelli (de soltera Nilsson) é boísimo, pero é que o "Empty Room" de Sanna Nielsen lle da mil patadas coa emoción que Sanna lle daba o tema

A todo isto:

1-¿é certo que Shirley Clamp está embarazada?

2-No MF 2010, que volva Lena Philipsson e Chochotte que esté implicada en algo, por iso de seguir a tradición:

2004: Presenta Chochotte, gaña Lena
2006: Presenta Lena, gaña Carola
2008: Carola é Estrela-da, gaña Chochotte

3-recomendado o novo cd de Sanna Nielsen

5:24 PM  

Post a Comment

<< Home