Drogaedictos
Defender a igualdade cun ollo ao tempo que co outro se debulla un listín entre apelidos arios e xitanos paréceme, cando menos, esquizofrénico. Por non dicir que me parece abraiante que haxa alguén disposto a debuxar a estrela de David sobre a porta dun veciño por ter a firme convicción de que é un delicuente ou, nin sequera eso pero, por non se sabe que intución, inspira trazos a opositor ao talego. Todo esto vén a conto da leria esta de Novo Mesoiro, onde algúns veciños incurren nun dobre erro: a) pensar que os xitanos de Penamoa (Peñamuela, que diría sir Vázquez) non merecen a integración, e b) o que é máis grave: pensar que un veciño, polo feito de ser paio ten menos posibilidades de trapichear con papelinas.
Algún día, estou seguro, a xente volverá sair á rúa, como facía Carmen Avendaño, para dar leccións de dignidade e asfixiar ás ratas que habitaban pazos e circulaban en carros de gran cilindrada. O resto é camuflar o lixo con parches de dudosa ética.
Non me quero imaxinar que pasará se o día de mañá os xitanos son maioría e deciden que a raza aria, a nosa, debe penar polos delictos cometidos. Chéirame que, daquela, non quedariamos nin un.
4suecos máis
Hola!!!
De casualidade atopei este blogg buscando non sei qué... no google e quedei abraiada pola sorpresa tan "sorprendente".
Eu vivín en Suecia durante uns anos e penso moito nos meus anos alá aínda que non os podo compartir con moita xente porque non coñezo a ninguén que sepa de que estou a falar, de feito pensan que son unha rara por falar ese idioma, ou perdón, ese dialecto do galego tan norteño...
En fin, estou impresionada e todo o que estiven a ler é maravilloso.
Eu non teño ningunha experiencia nestas cousas, é a primeira vez que escribo nun blogg pero coido que paga a pena.
Snälla er!! algún de vos se pode por en contacto conmigo e así nos coñecemos mellor...Graciñas!!!
Tjenare!!! Ola Ana!
Eu xa non ando por Suecia, regresei hai uns meses, cunha pequena galega-sueca ;D. Escríbeme se queres a loisnovoa@yahoo.es e falamos se problemas. Saúde!
Så vi håller kontakten! Mejla gärnaaaa!
###### SEGUNDAMANO - coches de segunda mano
######
POSICIONAMIENTO WEB
Post a Comment
<< Home