27 September, 2007

O dereito de mandar ao xornalista ao carallo

Xa escoitei dicir a algún colega que o entrevistado debe de acatar as ordes do entrevistador e suxeitarse ás normas deste. E cando o entrevistador decide parar, faino e punto.
Paréceme correcto. Da mesma forma que me parece correcto mandar ao carallo ao entrevistador cando este decide darlle relevancia a unha información que o entrevistado considera que non é tal.
Vistes a entrevista de Santana Lopes, o ex do PSD portugués?
A chegada dun adestrador ao seu país de nacemento non deixa de ser salsarrosa.
Xeito educado de mandar ao carallo ao xornalista. Un método luso de facerse o sueco...

26 September, 2007

O día no que Madeleine deixou de selo


Nestes tempos xa vale todo. Os mesmos xornalistas que hoxe mesmo xuraban o enorme parecido entre Madeleine e a nena fotografada por unha turista española son os que agora miran para outro lado e agardan que sexan outros os que rectifiquen.
Á marxe da dimensión do caso en si, doéronme especialmente unhas declaracións que escoitei esta mañá da autora das fotos, Clara Torres (xornalista, por certo, e facedora de méritos para amosar a súa calidade como intrépida reporteira e esclarecedora de feitos), nas que aseguraba que era claro que a nena da foto "non era de alí". É dicir, que a nena é loira e que pouco ou nada tiña que ver cos morochos de Marrocos.
Ese tipo de comentarios cheiran a desigualdade. A noxo. En Suecia, o 40% da poboación ten xa ascendencia directa ou indirecta extranacional. E a ninguén se lle ocorrería crer (moito menos dicir) que unha negra, polo feito de selo, pode levantar dúbidas sobre a súa indiscutible nacionalidade sueca. A cor da pel nunca pode ser motivo de sospeita. Unha negra sueca é tan sueca como unha loira sueca.
Polo visto, a nena da foto chámase Bouchra e naceu en Zinat, perto de Tetuán. Mira ti, xornalista Torres, que efectivamente a nena lora "era de alí"...
Do caso Madeleine non falo. Xa outros fano por min.

25 September, 2007

"Teño a menstruación"


Foi o que dixo Eva Nazemson, no programa da TV4 sueca "Nattliv" ("Vida nocturna"), logo que botar unha monumental pota diante da cámara e en directo.

Trátase deses concursos nos que os penachos chaman e tras aforar miles de coroas suecas en teléfono, intentan acertar a palabra agochada (neste caso, ben valería POTA).

E todo esto coa naturalidade que podedes ver na imaxe.