30 July, 2007

Adeus ao máis grande


Hoxe morreu o director Ingmar Bergman, un dos galegos nacidos en Suecia máis coñecidos internacionalmente.

A noticia
A súa vida

Nunca poderei esquecer aquel verán con Monika...

27 July, 2007

Odio a Administración

E aos administrativos que acadaron a súa praza,
tipos miserentos, inútiles,
candidatos permanentes a fichar

Odio que facer eternas colas sexa considerado normal para os administrados,
que perder catro horas da túa vida nun puto banco dunha oficina sexa lóxico,
que por unha vella funcionaria, polo feito de selo, haxa que sentir compaixón

Odio que vivamos no cuarto mundo sen sabelo,
que entres en Facenda cun problema e saias con dous,
e que mentras, os notarios
e os xestores
vivan gracias á inutilidade, absoluta inutilidade, dos funcionarios

De quen é a culpa?
Dos administrativos?
Dos administrados?
Del cha cha cha?

Unha vez, en Suecia, un compañeiro de traballo da Facultade, sueco el, díxome: "Mentras Inglaterra ten coma heroe a Hamlet, vós tedes coma iconas a un tolo, O Quixote, e a un cabronazo, o Lazarillo. Que se pode pensar dun país así?"

Hoxe lin que unha canle de televisión levará ao cine a vida dun criminal, El Solitario, un tipo que, por certo, ten prohibida a entrada en Suecia de por vida.

Así vamos...

26 July, 2007

Educación para a Cidadanía, segundo El Mundo

-Yeah, ciudadana, aprende los valores que quedarán pa los anales y los culos de la historia...

-Oh, sí, el saber no ocupa lugar... y debe de ser lo único

Vaia por diante a miña máis firme oposición á retirada das materias de Relixión da escola (para unha que se aprobaba fácil...) pero teño que admitir que a cada paso entendo lóxica a crispación (por certo, vedes pola rúa a xente crispada, quitando, claro, un multado de zona ora?) referida a esa maléfica Educación para a Cidadanía, onde ao pequeno Manolín se lle obriga a sexualizarse con Pedrito, cando non sodomizalo, e ás mulleres se lles coloca nun papel máis aló do Scotex.

Hai unha canle que botan por R que lle chaman Veo TV e que está participado polo xornal El Mundo, empeñado en abrir os ollos (perdón polo chiste fácil) sobre os prexuízos de tan arrepiante materia. A min, que me importa un carallo o temido temario do tema en cuestión, que xa me chegou con aprender merdalladas maiores na escola, opto por pinchar, todos os días, esta canle, o Veo TV, a eso das 23:30, cando os cativos, of course, aínda están de pé, para poder disfrutar de Latin Lover, unha serie repleta de cidadáns educados. En pelotas, si, pero educados. Tranquis, non hai que esperar nin tres minutos para disfrutar de guións así:

Viviana cumple una fantasía sexual al proponerle a Rafael experimentar en la cama, pero son interrumpidos cuando llega la policía para arrestar a Rafael tras una denuncia levantada en su contra. Jacqueline y Débora ensayan la mentira que apoyará la denuncia en contra de Rafael. Viviana le exige a Débora retirar los cargos en contra de Rafael, pero Jacqueline defiende a su hija. A pesar de los intentos de ocultar el encarcelamiento de Rafael, Cecilia y Bárbara usan sus más valiosas armas para desprestigiarlo. Samuel habla con Débora intimidándola con una posible difamación y ofreciéndole protección a cambio de retirar los cargos en contra de Rafael...

Teorías da conspiración á marxe, gústame a liña de El Mundo, si, señor. Veo, veo.