29 March, 2007

Unha svenska sång




É o que din Los Balones, coa súa "Svenska song" (svenska sång: canción sueca). Impresionante. É da banda sonora de El Síndrome de Svensson. Mil grazas a Matachin pola súa recomendación!!!!!!!!!!!!!

22 March, 2007

Atención, pregunta

Foto: Gago (DXT)
Por que a Sociedade Anónima Deportiva da que falaba máis abaixo relaciona a un xornalista coas pistolas e non di nin chío sobre un empregado matón? Hai silencios cómplices de máis.
(Armando Palleiro, dos tíos máis estupendos que agroman entre a canallada xornalística, foi agredido por... por... si home... ese ... como se chama... en fin, cando me acorde escríboo)

19 March, 2007

Fenotipo galegosueco


Keko Piña, galego, xogador do Racing de Ferrol



Fredrik Ljungberg, sueco, xogador do Arsenal inglés (non do Arsenal de Ferrol)

17 March, 2007

Xornalismo de palabra e xornalistas suecos


Pídovos que premades na imaxe e leades o artigo. Fala dun xornalista. Non importa de quen. Aparece nunha publicación que edita unha Sociedade Anónima Deportiva. Logo, claro, falamos de xogo limpo. Pero esa é outra historia...
O alucinante deste artigo é o que vén logo.

Fora desta páxina, os xornalistas galegos actuamos á sueca. Unha publicación vai e lle bota en cara a un xornalista basco que traballa en Galicia que "en un alarde del peor estilo ´kale-borroka´ (...) parece haber asimilado de los asesinos que campean por las calles de su ciudad" e os xornalistas galegos asubiamos. Hai a quen se lle enche o peito ao longo do ano porque cre que escarallar catro páxinas en branco nun xornal significa camiñar entre aires creativos. Hai quen pasa todo o día blasfemando teoría e práctica do xornalismo e predica independencia. Independencia S.A. Independencia de butaca. Independencia de salón, de cara a rúa e con encanto. Pero tras un artigo así non se ven. Seguen por aí, si, pero sen paparota non hai independencia. Os xornalistas somos merda. A mesma que nos botan. Vainos a manduca, a pose, a cella arqueada, o carné de socio. Xornalismo tabernario. Pero que hai despois deso? Os xornalistas galegos facémonos os suecos. Que máis ten todo mentras andemos co plato de caldo cheo sobre a mesa. Esa é a diferencia que hai hoxe entre un bó e un mal xornalista: as cuncas de caldo que pode lanzarse ao xantar.

O xornalismo convertese día a día no fumadeiro de opio da nosa conciencia.

Tras ler este artigo deime conta de que hai algo ben peor ca un galego que se fai o sueco: un xornalista galego que se fai o sueco.

Sinto estragarvos a dixestión. Outra cunca de caldo, camareiro.

Para todos aqueles que fan kale-borroka cun bolígrafo como cóctel molotov. Para aqueles que están nas trincheiras da información. Para os que (aínda) non se venderon.
Para todos os xornalistas bascos que traballan en Galicia.

11 March, 2007

The Ark, representantes galegosuecos en Eurovisión


Varför sjunger Sverige igen på engelska på Melodifestivalen?
Por que volve cantar Suecia en inglés no Festival de Eurovisión?
På galiciska skulle det vara fantastiskt!
En galego estaría de marabilla!
En fin. Que mentras en Madrid o prota foi The Juana, en Suecia foino The Ark. Si, miñas e meus, The Ark son os representantes de Suecia en Eurovisión. Aquí podedes ver un video do tema que levarán a Finlandia e de paso botarlle unha ollada aos outros candidatos. Son algo pasteleiros para o meu gusto. En fin, xa me contaredes.

10 March, 2007


06 March, 2007

Pobre sereíña...


Rosa. Así espertou o domingo.