28 January, 2007

O proceso colonizador, tamén en Dinamarca

Efe (january 2007). O proceso colonizador do COMESPAN (Comunidade Escandinava Pangalaica) informa da apertura de oficinas consulares en Copenhague de Abaixo. Ao mando, un olívico bó e xeneroso. Razón aquí.
AL/KN

25 January, 2007

Red Bull te da alas... para o outro barrio

Imaxe: Expressen

Robin, galego de Suecia, 18 anos, morreu diante do televisor. Bebía Red Bull para ter máis forzas para estudiar o teórico do carné de conducir.

Therese, galega de Suecia, 31, caeu a plomo no medio dunha pista de discoteca. Bebera RB con vodka.

Nacho que aparece escuro na foto. Podes ser ti.

Non o invento. Pero é lóxico. Estas merdalladas sintéticas é o que teñen. Nada como fumar unha boa planta natural sacada da horta mentras lle arrimamos un quinto de licor de cebada ben tostadiña. (Por favor, non me obriguedes facer comentarios sobre os motivos que tiña Robin para beber Red Bull)


24 January, 2007

Entrevistar

Entrevistar é conversar no medio dun diluvio, polo Pazo de Mariñán, con Rosa Cedrón e Antonio Placer. Dous suecos do sur. Dous suecos do mundo.
É surrealista.
Unha entrevista surrealista.
Eso é entrevistar.

21 January, 2007

"Pero Galicia non é máis espectacular?"

A xornalista do Svenska Dagbladet entrevista a un informador turístico da Embaixada española de Estocolmo. Farta de centrar o tema nas cualidades turísticas de Cataluña pregunta:

-Pero non é Galicia, por exemplo, máis espectacular?

-Si, pode ser, pola súa beleza, natureza salvaxe e antiga cultura. Pero para o baño non é tan boa coma no noreste de España.

Carallo, o baño, eso si que é importante.
O que ti digas meu. Hale, mandade aos suecos a queimarse e a papar cemento.

16 January, 2007

E a chave inglesa?


Se tedes un anaco pasádevos pola Fundación Barrié da Coruña para botarlle unha ollada á exposición Deseño Escandinavo: Máis alá do mito, que está aberta ata o 25 de febreiro. É unha especie de paseo pola paranoia, un rueiro de cacharros que nos rodean día a día. Non vos preguntastes algunha vez eso de "a quen carallo se lle ocurriría este aparello?". A resposta tédela no Barrié: a un escondenabo, claro, ou maiormente a un sueco. Este tipo de argalladas só proveñen dunha mente que teña un tempo libre de calidade. Non vos quero estragar a expo, así que descubride vós mesmos ata onde pode chegar unha testa loira.
... Só unha crítica: a chave inglesa é sueca (porque non se lle chamará logo chave "sueca"?) pero non aparece na mostra. E non me diredes que ese deseño non é de flipar...

14 January, 2007

XA ESTOU DE VOLTA!!!


Ola a todas e todoooooooooos!!! Xa estou de volta! Desculpade polo retraso, a demora e todo ese rollo. Cousas galegosuecas... O que está claro é que a miña teima de demostrar que Suecia é unha parte de Galicia segue en marcha.

Hej Sverige!! Ola Galicia!!

Comezamoooooooooooooooooooooooooooooooos!!!!!!