O día no que Madeleine deixou de selo

Nestes tempos xa vale todo. Os mesmos xornalistas que hoxe mesmo xuraban o enorme parecido entre Madeleine e a nena fotografada por unha turista española son os que agora miran para outro lado e agardan que sexan outros os que rectifiquen.
Á marxe da dimensión do caso en si, doéronme especialmente unhas declaracións que escoitei esta mañá da autora das fotos, Clara Torres (xornalista, por certo, e facedora de méritos para amosar a súa calidade como intrépida reporteira e esclarecedora de feitos), nas que aseguraba que era claro que a nena da foto "non era de alí". É dicir, que a nena é loira e que pouco ou nada tiña que ver cos morochos de Marrocos.
Ese tipo de comentarios cheiran a desigualdade. A noxo. En Suecia, o 40% da poboación ten xa ascendencia directa ou indirecta extranacional. E a ninguén se lle ocorrería crer (moito menos dicir) que unha negra, polo feito de selo, pode levantar dúbidas sobre a súa indiscutible nacionalidade sueca. A cor da pel nunca pode ser motivo de sospeita. Unha negra sueca é tan sueca como unha loira sueca.
Polo visto, a nena da foto chámase Bouchra e naceu en Zinat, perto de Tetuán. Mira ti, xornalista Torres, que efectivamente a nena lora "era de alí"...
Do caso Madeleine non falo. Xa outros fano por min.
0suecos máis
Post a Comment
<< Home