16 October, 2006

Narf, virrei galego en Suecia

Narf encheu Suecia coa súa enerxía guerrilleira


Xa cheguei, compis! Pasaría horas falando do marabilloso que foron estes días. Por eso é mellor que non o diga eu. Esto dixeron os xornais locais de Östersund:

Länstidningen:
"Narf, ou Fran Pérez, da española Galicia, cantou sobre a súa cidade natal Santiago de Compostela, a onde xentes de todo o mundo acoden de peregrinaxe. Unha melódica voz e un monólogo expresivo coa guitarra eléctrica homenaxearon á máxica cidade e déronlle a Narf o segundo posto"

Östersund Posten:
"Narf engaiolou ás presentadoras e ao público xa dende antes de que coa súa doce voz homenaxeara á cidade natal, Santiago, coa única compaña da súa propia Fender Telecaster".

14 October, 2006

ÚLTIMA HORA: NARF, SEGUNDO!

O Festival Europeo da Canción en Linguas Minoritarias, Liet, foi copado por artistas galegos: Os galegos feténs, os do sur tipo Compostela, os que responden a Narf, colleitaron un fantástico segundo posto, só superados polos galegos do norte, os lapóns suecos, que foron os preferidos do xurado. O certo é que Fran Pérez estivo espectacular, enganchou co público, que non parou de bater as palmas, e cativou Östersund coa esa voz doce e a súa guitarra guerrilleira. Foi o mellor, pero os da casa mandan. Évos o que hai.
Saúde e forza!
Moita forza!
NARForza!

Todo listo!

Foi moi longo o día pero pagou a pena. Dentro dunha hora Galicia na voz de Narf subirá ao escenario.
A por todaaaaaaaaas!!

13 October, 2006

Xa chegamos!

Ola meus e miñas! Escríbovos dende a zona de prensa do Storsjöteater. O tempo acompaña (arredor dos 10 graos) e non chove, o cal se agradece para pasear. Aquí andamos, nunca mellor dito, os da delegación galega, con Fran Pérez (Narf) á cabeza. Fran e Cecilia, a súa manager, son xente estupenda, estamos a rir a fartar. Pola mañá foi día de presentacións. Os outros participantes son moi simpáticos. Agora imos papar, porque Fran ten entrevista coa SVT para presentar o seu traballo.
Seguiremos informando.
Bicos mil!!!!

12 October, 2006

Dereitiños a Östersund!!

Hoxe é o día. Comeza a asalto final. Sue-cia e Gali-cia unidas para sempre. Por primeira vez a Estaca de Bares quedará no medio e medio do país. Suecia proclamarase quinta provincia galega o sábado, logo de que Narf actúe en Östersund, no recibidoiro da Laponia, dentro da "Eurovisión" de Linguas Minoritarias. O "Teatro do Grande Lago" ou Storsjöteatern retumbará en galego. Se xa non podedes aturar máis, velaí vos van as probas para as orellas. A organización ofrece poder votar desde casa aquí, o propio día 14 entre 20:30 e 21 horas (Suecia, coma as outras catro provincas galegas, posúe o mesmo horario!)

Ofrécese música
Razón: Extrarradio (preguntade por Belén e Edu)
Para os valentes:
A Radio Pública da Provincia de Suecia (ata agora, Sveriges Radio) emite en directo o festival pola súa segunda cadea (só tedes que premer o link "Lyssna på P2 Musik", arriba á dereita).
Imaxes do festival poderanse ver aquí.

Lembrade, o sábado a partir das 7!! (Suecia ten a misma hora que Abegondo, Chantada e Carril)

05 October, 2006

De Aba a Narf



Aquí ando de volta. Non, recoñezo que aínda non regreso de cheo, pero que saibades que non me esquezo de todas e todos vós!
O caso é que, comprobado xa o restrinco galego de Suecia, xa non queda dúbida de que a conquista é total e pronto, disque, poderiase ler un comunicado de rendición viquinga fronte a patria de Breogán. O motivo que precipita tales feitos é o Festival da Canción de Linguas Minoritarias, que se celebrará a mediados de outubro en Östersund e no que Narf representará a Galicia (tedes toda a información neste antigo post).
Asegúrovos que cando dei a noticia sabía pouco máis do asunto, pero uns meses despois podédevos imaxinar como flipei cando a organización do festival vai e chámame para proporme representar a Galicia!!!!! Nin coñezo Östersund, nin a ninguén da organización, nin a ningún compoñente de Narf. Pero alí estarei eu. Si, amigos, serei o Uribarri galego. Por suposto, aceptei a proposta!!
Ireivos informando do tema paseniñamente. O caso é que de momento quero que vos quededes con este link. Aínda non descubrín o peso que terán estas votacións dos internautas. Pero non estaría mal que comezasemos a desenferruxar a maquinaria para que Galicia quede no máis alto. Certo, amigos, Galicia é unha potenzia, que diría Carlos Blanco, tamén en Eurovisión. Cantos de vos coñecedes a xente que se apelida Aba? Centos, non? De onde credes que se inspiraron os gañadores galego-suecos de Eurovisión do 74 para poñer nome ao grupo?

Unha cousa máis: non terei que dicir "Royauminí du puá" senón que darei as puntuacións en galego!!!