facéndome o sueco
Suecia, a prolongación de Galicia. O sueco, unha variante dialectal do galego. Este é o blogg do proceso colonizador da quinta provincia galega.
30 July, 2006
Så som i himmelen

Vexo encantado que "Så som i himmelen" ("Así coma no ceo", textualmente) vai ser estreada nalgunhas salas da Galicia do sur baixo o título "Tierra de Ángeles". Se a podedes ver non a perdades. Esta película garda o corazón de Suecia e toda a forza da súa xente. Foi nominada ao Oscar á mellor película estranxeira de 2005. Curiosamente ese ano competían dúas películas galegas: Så som i himmelen e Mar Adentro. Pareceume marabillosa, encantoume, aunque quizáis son parcial. Velaí vai un trailer.
27 July, 2006
A que andamos? Rigurosidade!!
Imos ver, meus reis. Ou colonizamos ou non colonizamos! Que un non está aquí a partir o lombo para que logo chegen situacións diplomáticas tan tensas coma a destos días. A COMESPAN (Comunidade Escondenaba Pangalaica) remitiu ao xornal Garallo unha carta criticando o proxecto Loia pola súa indiferencia coas rexións do norte de Europa, aquelas que, por riba, son galegas de toda a vida. Este é o mapa lingüístico segundo se recolle na web:
Ou sexa que podemos atopar o barranqueño e o mirandés (demo me leve se sabía eu da existencia destas linguas) pero do galego do norte, nanai. Pois a ver se tomamos nota. Porque colonizar a medias non é boa cousa, que logo pasa o que pasa (tamén hai que andar a todo, carallo...)
24 July, 2006
23 July, 2006
O meu pésame a Barcelona

Nin o nome ten graza. Eso de "Bar Celona" xa o inventara Ibáñez nos Super Humor de hai 20 anos. Vamos, como "Bar Tolo" ou "Bar Bitúrico". Preséntovos este restaurante de Estocolmo (é enorme, inconfundible e está no mesmísimo centro) que xa na imaxe destila caspa. Unha cousa é a mestizase e outra a caspa. Non vos perdades a páxina web. Sálvase a Rumba de Barcelona de Manu Chao que soa de fondo. Para min que os camareiros non chegaron nin a Figueres. E os músicos que aparecen na careta de presentación (fíxadevos ao principio, con guitarras) non teñen pinta de montar castellers ou papar butifarras precisamente. Aquí tedes o menú.
Calqueira día atópome co Bar Badás, os Talleres Car Ballo, o CaFe Ne ou o Restaurant Asdeulla. Teños os pelos crechos con só pensalo...
21 July, 2006
19 July, 2006
Galicia, twelve points
NarfAínda queda moito, ou sexa que o que estea facendo plans para outubro, que prepare unha viaxe á provincia galega do Norte. O 14 de outubro celébrase en Östersund o Festival Liet-Lavlut da Canción de linguas "minoritarias" de Europa e será retransmitida, entre outras, pola P2 da SR, a radio provincial galega do Norte. Galicia estará representada pola música cálida de Narf (moi recomendable, aquí tedes un retrinco), que foi seleccionada entre máis de 60 artistas de toda Europa. É a cuarta edición do certame e en dúas ocasións gañaron os representantes en lingua sami. A cousa promete, porque dous días antes do festival presentarase a primeira jojk-ópera sami, ese alalá claramente galego con matices nórdicos. Non estaría mal que a TVG fose tomando nota... Un "Ljusmåne" (Luar, en galego de Suecia) sería espectacular. De momento, ide botando unha ollada aos competidores do representante galego e ao idioma que empregarán:
Arbegarbe - Friulano
Brian O hEadhra - Gaélico
Gari - Basco
Gjallarhorn - Sueco-finés
Johan Kitti – Sara Ellen Bähr - Sami
Jord - Mienkieli
Karavan - Romaní chib
Moot - Gaélico manés
Raud Ants - Votio
Van Wieren - Frisón
Brian O hEadhra - Gaélico
Gari - Basco
Gjallarhorn - Sueco-finés
Johan Kitti – Sara Ellen Bähr - Sami
Jord - Mienkieli
Karavan - Romaní chib
Moot - Gaélico manés
Raud Ants - Votio
Van Wieren - Frisón
18 July, 2006
Todos iguais
Imaxe: Dagens NyheterOs galegos do Norte sonvos inimigos do destaque. É máis, está moi mal visto ir de listo ou dicir eu teño esto e estoutro. Nos directorios das empresas confúndense os curritos cos xefazos, xa que os seus nomes colócanse por orde alfabética. Todos, en Suecia, teñen dereito a opinar. Unha conversa por exemplo sería así:
-E vostede, Larsson, que opina das teorías do coñecemento kantianas?
-Pois, en fin, as teorías están aí, non serei eu quen o dubide.
-Interesante, Larsson, interesante.
-Si, a información é clara.
-Por suposto, Larsson, por suposto.
-E xa que o temos claro, que opina vostede, Pitkänen?
E así sucesivamente. Despois, cando dan a volta, cada un fai o que lle peta sen importarlle o máis mínimo o que opinou o contertulio. O caso é falar. Os "möte" ou xuntanzas de empresa son innumerables durante a semana. E, por suposto, non valen para nada. Pero que non se diga que falla a comunicación.
Un exemplo de igualdade védelo na imaxe. O rei Carl Gustaf paséase pola borda do buque Götheborg, que hoxe chegou a China logo dunha longa viaxe-aventura. Fixádevos ben na foto. O rei con garabata e encamisado, un greñudo non solta a cunca de café, unha fulana sentada non se levanta que-me-canso, un rapaz de fondo pregúntase "como se parece ese ao rei" e o almirante mira ao fondo por ver se divisa unha praia con chinitas para pasa-la xornada.
-E vostede, Larsson, que opina das teorías do coñecemento kantianas?
-Pois, en fin, as teorías están aí, non serei eu quen o dubide.
-Interesante, Larsson, interesante.
-Si, a información é clara.
-Por suposto, Larsson, por suposto.
-E xa que o temos claro, que opina vostede, Pitkänen?
E así sucesivamente. Despois, cando dan a volta, cada un fai o que lle peta sen importarlle o máis mínimo o que opinou o contertulio. O caso é falar. Os "möte" ou xuntanzas de empresa son innumerables durante a semana. E, por suposto, non valen para nada. Pero que non se diga que falla a comunicación.
Un exemplo de igualdade védelo na imaxe. O rei Carl Gustaf paséase pola borda do buque Götheborg, que hoxe chegou a China logo dunha longa viaxe-aventura. Fixádevos ben na foto. O rei con garabata e encamisado, un greñudo non solta a cunca de café, unha fulana sentada non se levanta que-me-canso, un rapaz de fondo pregúntase "como se parece ese ao rei" e o almirante mira ao fondo por ver se divisa unha praia con chinitas para pasa-la xornada.
12 July, 2006
Kaplansgatan
E xa que andamos a voltas coas curiosidades idiomáticas (xa vedes que hai centas), velaquí vai unha homenaxe ao amigo Kaplan. Resulta que ao lado da rúa onde vivo, en Gävle, chega outra perpendicular chamada Kaplansgatan, é dicir, a rúa de "kaplan". Hai moitas rúas con este nome en Suecia. Polo que sei, o kaplan é unha especie de sacerdote da Igrexa luterana en Finlandia. Se premedes na imaxe poderedes ampliar a situación da rúa da que vos falo en Gävle.
11 July, 2006
Islandia, no Parque das Illas Atlánticas

A SIGAQ (Servicio de Intelixencia Galega que Algún Queda) estudia moi seriamente a posibilidade de incorporar Islandia ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, aínda que para tal idea é necesario crear unha nova embaixada imperial galega, e eso custa cartos...
Baduando coa teima das variantes dialectais galegas do norte velaí vos vai unha mostra que deixou un lector do blogg e que, polo seu interese, quero que leades:
El usuario anónimo dijo...
En islandés muller dise kona. 'A miña muller' dise 'kona mín'. Na rúa principal de Reykjavík, Laugavegur, hai unha tenda de regalos que se chama Pirola. Tarta dise kaka. Bolsa dise kóka. O Gatiño dise köturinn (os coturíns eran unha banda de maleantes de Noia, famosos por fazañas como atracar con unhas tesouras).
PD de KN: Espectacular, non?10 July, 2006
Vilagårcia

É lóxico que as operacións colonizadoras na Galicia do Norte produzan fenómenos lingüísticos de contacto como o que tedes na imaxe. En Vilagårcía (así, na versión do galego do norte) hai un establecemento que se chama Fita (órgano sexual feminino, en idioma nórdico). Ten unha falta de ortografía, xa que debeu perder un te baixando por Carril (debería escribirse "fitta"), pero serva esta viva testemuña enviada por "Un nacho con brus-A todo filispín" para confirmar a variante dialectal.
09 July, 2006
Jävla TV4!!!!!!

E mentras vós podedes ver como Italia levanta a Copa do Mundo, a puta TV4 corta a programación para emitir o Telexornal que, non volo perdades, abre cun resumo do partido. E eso, despois de aturar todo o Mundial a uns programadores que che obrigan a cambiar a canle para seguir vendo o partido. Si, si, verídico. Se queres gravar o partido terás que tragarte logo noticias importantísimas do tipo "Os esquíos volven a Småland" ou "Unha vella terá que devolver 30 coroas a Facenda por timar a un vendedor de xelados". Lamentable!!!!!
Varför bröt TV4 sändningen innan att Italien fick VM-cupen???!!!! Det är skamligt!!! Vet ni vad en viktig "nyhet" betyder?
As suecas
E para rematar esta semana picarona que nos ofreceu o xornal Expressen, velaí vai a proposta dominical: "Así opinan 1000 mulleres suecas sobre os seus corpos", di a imaxe. Que manía lles entrou a estes de ser naturais como as mapoulas. Benedicto, meu, pásate por aquí que imos en picao para Sodoma e Gomera!
08 July, 2006
Formas de superar o trauma post-Mundial
A imaxe que vedes aparece publicada no Expressen e serve para ilustrar unha noticia de alcance. "O fracaso da selección no Mundial pode afundir a calqueira" pero segundo os médicos "existen fórmulas para animarse e que ao mesmo tempo facilitan a presión arterial: un caluroso e agradable sexo de verán".Descoñezo se a frase "sexo de verán" (sic) pódese traducir ao galego normativo como "frega de silveiras" ou "polvo entre os penedos". A noticia tampouco indica se é preciso montar a historia coa camisa (azul falanxe) posta. E se esas flores tipo camomila axudan. Nin sequera advirte dos riscos de urticaria cú arriba.
É unha boa proposta sexa como fose.
06 July, 2006
Os insurrectos de Ladonia
A SIGAQ (Servicio de Intelixencia Galega que Algún Queda) recoñeceu hai tempo nun comunicado ao xornal Garallo29 que a empresa galeguizadora sería longa e dura, como as pelis de Rocco Siffredi, pero nunca tanto ao punto de ter que sofocar a insurrección dos ladoneses, na rexión de Skåne, na Galicia do Norte tamén chamada Suecia. Ladonia cumpre dez anos de nacionalidade dende que o revolucionario Lars Vilks decidira montar unha obra escultórica con madeiras ante a oposición das autoridades (competentes).O caso é que calquera pode facerse ladonés. É gratis. A non ser que queiras ser nobre, que nese caso terás que depositar 12 dólares. Ladonia posúe xa 12.000 cidadáns rexistrados. Hai uns anos milleiros de paquistanís solicitaron información para poder recibir a cidadanía e incluso preguntaban pola embaixada ladonesa en Paquistán.
A ilegalizada Ladasuna, un dos principais partidos, quere iniciar contactos para ver como saimos do folión. A SIGAQ di que vale, que aceptamos nación como animal de compaña, pero que a anexión de Copenhague nin se menciona.
05 July, 2006
Un verán sen dentes
Imaxe: ExpressenNota: Advírtese de que a temática desta noticia pode ferir seriamente a sensibilidade do amable lector.
Graza non ten ningunha, por moito que Elsa Blad, de 94 anos, se escaralle na foto. A pobre muller terá que pasar todo o verán sen darlle ao dente por culpa do hospital de Lidköping, que perdeu a súa dentadura postiza. Que por que non lle colocan outra? Porque aquí en Suecia no verán non traballa nin o xefe de Ikea. Todo está paralizado. Pobre velliña. (Xa o di o conto: "Entre os sen dentes o Cuñao é o rei").
02 July, 2006
Estatuto sami
Estaría ben que ademáis de gastar folgos nos nosos destinos mirasemos aínda que só fosen cinco minutos para outros lares. Non, tampouco fai falla acudir ao mapa e tirar a miles de quilómetros, aínda que non estaría mal.
Falo de pobo sami. Dos lapóns, no seu termo despectivo. Falo dun dos pobos máis vellos do mundo que corre serio perigo de desaparición como tal. Os samis non teñen nin Samiretxe nin Samarall. Tampouco Samouriño. Por suposto, nunca sufriron a iluminados da SETA nin da Serra LLiure. Nin aos Serrilheiros do Pobo Sami Ceibe. Neste puto mundo con Yulupuki e Noeli non se vai a ningures. Nas provincias galegas do norte gostan moito de impartir moralidade e progresismo. Cataluña é guai. Si. O conflicto basco. Tamén é guai. Os dereitos dos pobos. Chachi. Todo é chachi de Copenhague para abaixo. Agora si, aos samis que lles medre.
Hai 70.000 samis esparexados por Suecia, Noruega, Finlandia e Rusia. Só en Suecia viven 230.000 renos. O problema é que aos samis o da Axencia Tributaria sóalles a grupo de rock.
Teñen un parlamentiño que está montado para a cousa cultureta, idioma, coros e danzas e tal, pero que non ten poder de decisión nin nada que se lle pareza a competencias transferidas. Digamos que é un bálsamo para o subconsciente sueco. Estes son os partidos e os seus singulares nomes que participan no parladoiro este ata 2009:
- Guovssonásti (3 deputados)
- Cazadores e pescadores samis (9)
- Min Geaidnu (3)
- Partido do País Sami (8)
- Os samis (4)
- Samis dos bosques (4)
Os samis básicamente só queren unha cousa: que non lles toquen o carallo, dispensando. É dicir, poder pasar cos renos dun país a outro (no norte do norte do norte as fronteiras son case invisibles), pescar nos ríos onde sempre o fixeron dende hai centos de anos, cazar e manter os dereitos de nomadismo. E tamén queren unha solución ás tensións entre os seus xeitos de vivir e os dos colonos, xa que estes, na súa maioría, non entenden ese interese sami en vivir de "costas" á civilización, como se esta fose só Big Brother e un volvo.
Todo esto ven a conto porque estou lendo un libro (Helena Carlsson: "Same och Lapp") que amosa un punto que desmitifica todavía máis os aspectos de tolerancia e liberdade (que é certo que existen e son amplios) da sociedade nórdica. Resulta que Suecia négase a asinar o convenio 169 da Organización Nacional do Traballo, dependente da ONU, sobre os dereitos dos pobos indíxenas ou tribais, a pesar de que Noruega si o refrendou. Nin Suecia, nin Finlandia, nin Rusia. É dicir, Suecia admite que hai uns señores (e señoras; que en eso si somos progres) que visten raros, cuns bechos con cornos, etcétera, pero que non amolen, que ningún deles chegará a xogar xamáis na selección de fútbol.
Mentras nada pasa, sempre nos quedará asomarnos a esta fascinante sociedade. No inverno pasado tiven a portunidade de estudiar a súa cultura e relixión na universidade de Umeå, na porta de Sápmi, atraído polas sensacións dunha viaxe (das mellores da miña vida) que fixemos por esas terras. Podedes botarlle unha ollada ás fotos, na pestana da esquerda "As viaxes en imaxes". Convídovos a viaxar polos alalás samis, coa paixón do son do "jojk".




