30 May, 2006

O móbil fainos inmóbiles


Non, tranquis, non veño dar unha chapa sobre Kant (Qué va, qué va, qué va... Yo leo a Kierkegaard!!). A cholla ven a conto porque a Renfe sueca (SJ) decidiu colocar comboios libres de teléfonos móbiles, e dende 0 21 de agosto a idea extenderase ao bus e ao metro.
Esta medida non ten nada en contra dos "paratos", pobres eles, senón contra os peñazos que teñen a orella quente de pousar o móbil e amolar quilómetros e quilómetros sen que a autoridade competente faga nada.
Había vida antes dos móbiles? Como se comunicaba antes o "homo petardus"? Para cando un neno será bautizado "Politono"?
-Politono, non esquezas o bocata, que hai que cargar a batería.
-Si, mami, marcho comunicando que teño un par de mensaxes que facer.
-Vale, cariño, dáme un tono.
-Muac, adeus mamá, vémonos a partir da franxa horaria máis barata.
-Adeus, meu motorola.
A todo andaremos, pero mentras, non está mal que toda esa chusma que non para de darlle ao filete durante dúas horas e media de viaxe en tren teña o seu apartheid. Se podo elexir prefero un fumador de farias ao meu lado que unha nena de 14 anos a quen cada dez segundos lle vibra a saia a ritmo de "bulería, bulería".

27 May, 2006

Lordi, de paseo


Para quen teña curiosidade, aquí vai a imaxe do finés Lordi nun xornal do seu país. Sobra dicir a graza que lle fixo ao tipo que o descubriran pola rúa... (Preme na imaxe para ampliar)

26 May, 2006

Hard Rock Hallelujah



Nas provincias galegas do norte non só andan as ovellas descarriadas. Os pastores xa hai tempo que derraparon e agora son heavys. Este é Marcus Olson, pastor da Igrexa Sueca (protestante), que hai uns días participou nun debate que por riba versaba sobre sexo!
Está ben esto de que o padre Marcos vaia en plan colega de toda la vida, pero sinceramente, non me vexo nun confesionario por moi bo rollo que haxa:
-Ola neno, por San Miguel.
-Ola padre, una ronda no más.
-Chorbo, cuéntame tus marrones.
-Mire, padre, é que o outro día tiven tentacións cunha compi de traballo.
-Buah, neno, tú lo que eres es un bandarras. Y qué? Te maraste?
-Ein? Non, non, ao final puiden conterme.
-No me toques las bulas, hombreeee. Hay que entrar a matar, que si te viene otro kie, adiós, te la papa, neno, delante de tus fuciños, y ya ves cómo se te queda el karma.
-Pois si, eso foi o que pasou logo...
-Hahahaha, veeeeeees, estaba visto, julai. Qué peña de notas que sois, neno... En fin, léeme cuatro temas de Barón Rojo, un salve por Keith Richards y un reniego chungo de Bustamante.
-(...)
-Oyes, espera... y no tendrás una truja por ahí, no?

25 May, 2006

Terremoto connection


O tremor que se sentiu nas provincias galegas do sur hai unhas semanas tivo esta noite unha réplica de 2 graos na escala de Richter na provincia do norte, máis concretamente no cantón sueco de Estocolmo. Temos que mellorar as comunicacións, amigos, entre o centro fisterrá e as colonias do norte, que non pode ser que ata un sismo tarde tanto en ter unha réplica dentro de territorio galego. Sería a desaparición da peaxe da Barcala a que facilitou a propagación? "Tivemos uns catro terremotos así nos últimos séculos", di o sismólogo Reynir Bödvarsson. Pois sería o da peaxe logo.

24 May, 2006

Toc, toc, toc

Se alguén ten explicación ao correo que me chegou (publicidade da lotería sueca), plis, que mo faga saber. Andamos xa no calendario viquingo? Non era este o 2006? Certo, xa o dicían os meus pais: "neniño, non sabes nin a que día vivimos".

23 May, 2006

Ánimo Ana

Moito, moito ánimo

22 May, 2006

Día das Frebas


Vale, vale, xa está ben de rollos culturetas. Hoxe celebrouse a final do Big Brother noruego-sueco (participan lorchos dos dous países) e aquí tedes á moza gañadora, a sueca Jessica, de 21 anos, natural de Kalmar (non, calamar, non). "Primeiro pego e logo falo". Ese é o seu lema (falo é do verbo falar, clarexo), que me recorda moito a unha frase dun amigo meu: "Pa que imos discutir, podendo acabar a ostiós". Pois eso.
Jessica montou a polémica na casa de marras: varias veces tiveron que entrar médicos a practicarlle o test de embarazo e incluso foi ingresada porque aseguraba ter un bulto nun peito. Vamos, de lo peor.
Discusións intelectuais desta edición de BB (verídico):
-Por que non queres jincar?
-Bah, pasa de min.
-Estou farta, escoitas?
-Escoito (Ou dixera "es coito"?)
Todo ás 8 da tarde. Non vaia ser, amigos, que marchen os pequenos para a cama sen a correspondente erección.

.

20 May, 2006

Quen son Lordi?

A piques de iniciarse o carrusel de petardeo eurovisivo, velaí vai unha entrevista cos Lordi emitida na tele pública sueca (en inglés). Tipos interesantes, a verdade.
Faltan 10 minutos para as nove e.... tachán!!!! Adianto a quiniela.
-Suecia dará 12 puntos a Finlandia e 9 a Noruega.
-Noruega dará 10 puntos a Suecia e 12 a Finlandia.
-Finlandia dará 12 puntos a Suecia e 10 a Noruega.
(Marxe de erro -+2-3 puntos)

19 May, 2006

Gävle cumpre 560 anos

Imaxe: Peter Kratz

Non había velas para tanto así que só nos queda unha bufada virtual. Hoxe mesmo hai 560 anos que Christopher de Baviera lle concedeu a Gävle o privilexio de cidade, converténdose na primeira vila do Norte do Norte en recibir tal título. Na wikipedia atopei hoxe un bo resumo de Gävle.
Cumpre centos de anos feliiiiiiiiiiiiiiiiiiz,
cumpre centos de anos feliiiiiiiiiiiiiiiiiiz,
desexámosche, oh, Gävle,
que te sometas xa á COM.ES.PAN (*)

(*) Comunidade Escandinava Pangalaica

18 May, 2006

Varför Sverige sjunger inte på svenska?


Varför "Evighet" blev "Invincible" idag?

17 May, 2006

Así foi o Día das Letras


Foi outro día emocionante en Suecia. Os que seguides este blogg sabedes que xa houbo moitos. E este foi marabilloso. A acollida que está a ter o Día das Letras en Gävle ven sendo incrible. Non é grazas a min (pegar cartazos ten un mérito de carallo...). É grazas ao galego, que é moito máis universal do que nós, os galegos, cremos. E estes días son moi difíciles de explicar. A exposición de literatura xa quedou curta: case todos os trípticos e cartazos viaxaron ás casas de moitos suecos. E se mil mesas montara sobre Galicia, mil mesas estarían limpas xa hoxe. "Mar adentro" e "Os luns ao sol" (as dúas pelis que se poden coller na biblio) foron alugadas e xa hai quen pediu facer algo sobre Galicia máis grande en agosto ("que é cando á xente lle gusta máis visitar exposicións", dixéronme). A sala de conferencias encheuse de xente que estaba pasmada coas imaxes de Galicia, encantada de ler a entrevista de Nacho Mirás con Kristina Berg que repartín entre o aforo, de ver o video sobre Lugrís e escoitar que "bolboreta" é a palabra máis bonita para os lectores de La Voz.
As orellas dos visitantes da Biblioteca Municial de Música puideron amasar durante todo o día o corazón musical de Budiño, Seivane, Os Diplomáticos, Heredeiros, Fuxan os Ventos, Os Resentidos, Mercedes Peón, Milladoiro...
Que máis podo dicir.
E aínda queda mañá e pasado...

16 May, 2006

Día das Letras, en Suecia

Un dos expositores instalados na Biblioteca Municipal de Gävle


Trala cristaleira da entrada principal os visitantes atópanse cun avance do que virá logo

Ata o venres, os cidadáns de Gävle poderán coñecer un anaco de cultura universal. Libros, cartazos, autocolantes, trípticos... O 17 teremos unha pequena conferencia, recitaremos poemas en galego e visualizaremos algunhas pelis. Todo, sobre o Día das Letras.
Suecia xa é galega. E Galicia sempre será sueca.

Os últimos retrincos

Hoxe montámo-la expo das Letras en Gävle. E a cousa vai tomando forma. (Seino, seino, a foto parece algo machista-leninista...)

15 May, 2006

Catoira invade Gävle

Acaba de chegarme un paquete cunha morea de información sobre Catoira e a súa Festa Viquinga. E todo grazas ao Concello de Catoira, sobre todo a Elisa Isorna, do departamento de Cultura, que nun dubidou en apoiar a idea e facerme chegar centos de folletos, colantes, cartazos,...
Sei máis dun sueco que vai quedar fascinado coa festa de Catoira, e estou seguro de que máis dun meditará a posibilidade de viaxar para coñecela no sitio.
Paréceme abraiante que fose tan sinxelo solicitar a axuda de tanta xente e que ademáis todo fosen facilidades.
Grazas a tod@@@@@@@@@s!!!!!
(Imaxe: Turgalicia)

O mércores comeza a expo das Letras na Biblio de Gävle. Mantereivos informados do que aconteza dalí ao venres.

14 May, 2006

17 de maio noruegués


E aínda haberá quen diga que Escondenabia non é galega...

(A bandeira noruegalega é unha obra xenial do amigo Ghanito: "Se os Británicos teñen a Union Jack, os noruegalegos teñen a Unión Xan")

10 May, 2006

Suecia, (por fin) en galego

Creo que xa o podo dicir. Estou tan contento que non aguanto máis. Cóntovos. Hai unhas semanas, metéuseme no cebolo montar algo para o Día das Letras. Dei algunhas voltas para acó e para aló. E todo claréxase. A próxima semana penso montar unha traca espectacular. A Biblioteca Central de Gävle acollerá unha exposición sobre o galego e o Día das Letras. Libros, discos, cartazos, videos, paneis... vou inundar a biblio de letras galegas. E todo grazas a varias persoas que apoiaron a idea coma se fose propia, sobre todo a Håkan (é sueco!!), do Consello da Cultura Galega, e a Cándido Pazos, de Turgalicia, que recibiron a proposta con tanto agarimo que me enviaron en poucos días quilos de material impagables. E por suposto tamén á Stadsbibliotek i Gävle som visade sig jätteintresserad av förslaget. Tack så mycket!!! O 17 darei unha pequena conferencia en galego, español e sueco (vaime dar un chungo) e proxectarei imaxes de Galicia. Miles de imaxes.
A teima deste blogg dá os seus froitos: Suecia xa é galega...

...e que queredes que vos diga. Estou moi, moi contento.

09 May, 2006

Que é a globalización? / Vad är globalisering för någonting?


Globalización é un sueco en Italia cunha bolsa dunha empresa galega.
Globalisering är en svensk kille i Italien med en galicisk företags påse.

Por certo, o sueco da imaxe é Claes, un tipo fantástico (coma Mia).
Förresten, svenskan som ni ser på bilden är Claes, underbar människa (lika som Mia).


O anticiclón de Estocolmo


Semana de praias e 25 graos

08 May, 2006

Eh, que tamén está Dinamarca!!!


Tantos son os desexos de formar parte da Comunidade Escandinava Pangalaica (COM.ES.PAN.), que ata o Doutor Frango, ese galego (moi boa xente) que quere derrubar a Sereíña para montar un busto de Vlado Gudelj, reivindica a figura escondenaba de Dinamarca. O danés (que como todo o mundo sabe non é un idioma senún unha doenza de gorxa) tamén ten un espazo no Eurovisión. Preme sobre a imaxe ou aquí para escoitar á churriña.

07 May, 2006

O Eurovisión nórdico

Nada mellor que montar unha análise sobre os participantes escondenabos en Eurovisión (18 e 20 de maio) para coñecer algo máis destes países. Abandonaron Eurojunior (que nenos máis odiosos pode fabricar a tele!!) e amenazan (?) con pirarse agora do concurso dos maiores. Sería unha mágoa perderse un ano os 12 puntos de Suecia a Noruega, os 12 de Noruega a Finlandia e os 12 de Finlandia a Suecia. Premede sobre a imaxe para ver o video.

SUECIA


Carola xa gañou en 1991 o festival de marras. Chisco charramandeira, ten boa voz pero paséase en plan que-calamar-que-son-me-salgo-del-mapa. Logo do ridículo do pasado ano, cunha canción en inglés, e aínda que o país enteiro celebrara a victoria da grega Paparitzou (naceu en Estocolmo, cousas da globalización), os suecos pretenden demostrar que nesto da música melódica son uns fenómenos. De feito, a elección de Carola fíxose logo dun programa que paralizou o país semana tras semana. O título da canción é "Evighet" ("Eternidade")

NORUEGA



Christine Guldbrandsen presenta un tema con ritmos étnicos, que nos transportan a unha paisaxe en plan cabaña rodeados de neve. A canción, "Alvendansen", é unha aposta da candidatura norueguesa por amosar algo propio, nada estereotipado e moito menos cutresalchichero. Non ten moita pinta de que vaia gañar, nen sequera parece que quedará moi arriba, pero o son dá gustiño ás orellas.
(Se non podedes ver o video, premede aquí e logo no enlace pequerrecho que di "Hør vinnerlåta: "Alvedansen")









FINLANDIA




Son os Lordi. Vós diredes se os catalogamos como julais, provocadores, flipaos ou xenios do heavy (ou do trash, ou calquera das variantes). Finlandia destacará este ano, sen dúbida, por unha imaxe espectacular...e polos catro acordes e medio deste tema soporífero chamado "Hard Rock Hallelujah" (guauuuu). Nada, nenos, dúas guitarras, cinco caretas e un lingotazo de augardente para clarexar a voz. Cantan en inglés, unha mágoa. Ah, teñen unha web en español.

06 May, 2006

Felicidades Freud!

Máis coincidencias entre Galicia e Suecia. Hai unha semana o rei sueco cumpría anos e hoxe está de celebracións o sector alimenticio galego. Freud cumpre 150 anos!

01 May, 2006

Cumpreanos real

Onte celebrouse en Suecia o 60 cumpreanos do rei Carl XVI Gustaf. De feito, o 30 de abril constitúe un festivo máis no calendario nacional. O Dagens Nyheter recolleu unhas bonitas imaxes sobre a contracrónica da xornada.