18 February, 2006

Os segredos de Linnéa

Antes de nada, moitísimas gracias, unha vez máis, por tanto cariño, interese, ánimos,... Uff, esta será outra experiencia que nunca poderei esquecer: o sensación de que paga a pena montar estes chiringuitos na Rede anque só sexa para "coñecer" tanta xente boa e xenerosa. Gracias, mil gracias.
Moitos preguntades os motivos polos que decidimos nomear Linnéa á pequecha. O caso é que crimos que era necesario que conservara as raigames suecas (naceu en Suecia, e eso sempre será así) e Linnéa nos pareceu apropiado por varias razóns:
a) Encántanos o sonido do ele logo dunha vocal: Xiana_linnéa.
b) Carl von Linné é unha das figuras sobranceiras da cultura sueca.
c) A linnéa é unha flor que recibe o nome precisamente de Carl von Linné.
d) A familia de Marta vive na rúa Linneo.
A pronuncia sueca é similar á que nos podemos imaxinar: o e péchase un chisco para converterse case nun i longo (liniiiiiia).
Agardo que estes segredos que garda Linnéa vos gusten tanto como a nós...

14 February, 2006

12 February, 2006

Xiana Linnéa

Naceu hoxe, ás 04:09 da madrugada. Pesa 4,5 quilos e mide 53 centímetros.

Estou moi emocionado.

E quería compartilo con vós.

10 February, 2006

Aurora

Imaxe de Ingemar Nyström (Nordlys é unha web norueguesa fermosa, visitádea)


Cando o sol treme, o Polo Norte fai de espello para podermos gozar das auroras boreais. Eu aínda non vin ningunha (pregunteille a amigos suecos e non teñen nin idea delas), pero no Norte do Norte, aínda máis ao norte, o ceo toca a pandeirada coas estrelas en clave de sol...

07 February, 2006

Teño o corazón a mil...

...tac, tac, tac, TAC

05 February, 2006

Mauro e Donato... benedictinos????


Xa sabedes que hai uns meses puxemos en marcha a Peña "DX För Fan-Deportivistas Suecos", que compartimos de momento 37 socios. Pero, incriblemente, a cousa brancoazul sueca ven de lonxe:
Hai uns días propuxéronme presentar unha tese na Universidade de Uppsala sobre cando Santa Birgitta, patrona de Suecia, fixera o Camiño de Santiago. De momento só estiven dándolle voltas ao asunto. Pero o abraiante é que nun dos libros que lin hoxe atopei a páxina que tedes na imaxe, que explica que entre os españois que influiron na vida de Santa Bríxida están Donato e Mauro, que nesa época aínda non ficharan polo Depor e adicábanse ao seu labor de benedictinos. Imaxinaba que Donato mintía cando falaba da súa idade, pero nunca pensei que se paseara polo século XIV, mi madriña...

04 February, 2006

Tack, en sueco; Grazas, en galego; Moito abrigado, en portugués (canta razón levan...)

Sérvase ben frío

Como hoxe veu tan bó tempo, Marta e eu decidimos comer fora, no parque que temos na urbanización. Comprei un viño branco alemán que tiña boa pinta e aquí me tedes agardando a que colla a temperatura necesaria.

Big Brother: suecos contra noruegueses



Pois si, aquí tamén hai Big Brother. Aburre ata as ovellas, por moita chorba guapita e chorbo lustroso. Ben, as fotos enganan, facédeme caso, porque se vedes a estes jichos en acción, vai o glamour directamente a tomar polo. A única coña é que misturan a suecos e a noruegueses, ou sexa que aí tamén entra a paixón nacional por ver quen gañará. Medios chuzas e todos salidorros. Nada novo, vaia.

03 February, 2006

Volven as neves...

01 February, 2006

Uno más uno son suecos

Á marxe de gustos musicais, gostaríame que lle prestasedes atención a estes dous temiñas. Un deles é o coñecido "Uno más uno son siete" (que dano fixo a LOGSE) de Fran Perea, o da serie de Telecinco, e o outro é "De älskar dig" ("Quérente") da banda sueca Raymond e Maria. Por favor, fixádevos ben no estribillo das dúas cancións. E opinade.