28 January, 2006

Somos eléctricos e estáticos

Vexo que o da electricidade estática non me pasa só a min, polas mensaxes que enviastes. Estou farto de recibir miles de trallazos cando pecho a porta do coche, cando toco un pasamáns metálico, cando encendo unha lámpada de aceiro, cando saúdo a alguén pola rúa... incluso cando collo un abrigo ou toco unha parede!!!!
Se a vós vos acontece algo desto, queredes compartir esas noxentas experiencias e, sobre todo, tedes algunha recomendación facédeo saber. Gracias anticipadas.
PD: A cousa vai tan mal que estou pensando xa en facerme voluntario do clube Unión Penosa. Raios!! (vedes? outra vez... buaaaaaaaaah, e que non podo máis, buaaaaaaaaaaaaaaaaaah)

27 January, 2006

Teimas dun aprendiz de sueco

Apúntome, apúntome. A solicitude do compi Mr Tichborne prosigo a cadea de teimas persoais que circula pola blogosfera. Todo sexa por Froiz (si, amigos, Sigmund Froiz era galego, xa vedes). Alá van algunhas delas:

1.- Odio profundamente aos comedores de caralladas varias que utilizan o cinema coma se fose un restaurant de autovía. Ese ñaca, ñaca permanente durante dúas horas está a piques de espertar en min un asasino en potencia que deixaría Psicosis nunha peli de Disney Channel.

2.- Cajo na tos. Eses fulanos que están nos exames e que no canto dun lapiz parece que levan unha metralleta. Tiqui, tiqui, tiqui, aí, contra a mesa de madeira. Non saben o que é poñer algo debaixo do folio? Atacan os alemáns para andar en plan código morse?

3.-Non aturo comer un xeado deses de pao. Éntrame unha cousa polo corpo, moi grimosa, si. Por iso, coloco o envoltorio arredor do carabullo en cuestión para evitar que se me poña os pelos crechos (deixar de tomar esa clase de xeado? Nunca!!).

4.-Si, amigos, teño 32 tacos e aínda me mordo (que non "como", eh?) as unllas. E gracias que a columna vertebral protexe aos onanistas e aos unllófagos, que se non... (que se non, digo, modería as unllas dos pés, quero dicir, of course).

5.- ...e a nai de tódalas teimas: NADA DE TOCAR ELEMENTOS DE FERRO!!! O da electricidade estática xa se converteu en min nunha especie de compañeira: trallazos con luz incluida ao tocar a porta do coche, unha parede mal aislada...e ata calambrazos ao saudar amigos. De verdade, non sei se a algún de vos lle acontece esto, pero é moi chungo de aturar.

E estas son as ligazóns:
Viva Fraga, Alfaias, A Canción do Náufrago, O pitiño, Artritris.

25 January, 2006

Tou do rato...

...ata as pelotas.

(Un día falareivos do que lle gustan os bechos aos suecos. Ata hai un amplo mercado de segunda man)

24 January, 2006

Nedåt genom floden går en farell som står upp (*)

Máis dunha vez téñovos falado da mente estrana que posúen os suecos. Ou quizáis é que a miña é máis estrana todavía... O caso é que sae hoxe no xornal (ver imaxe) a denuncia sobre un taxista que conducía, atención, con 0,33 gr/l de alcool no sangue. Vamos, gravísimo como para sair nunha páxina do xornal. Uff, Santo Ceo, La Voz non gañaría para papel, se por cada nacho que mollase a palleta recibise tamaña cobertura. Os taxistas de Gävle teñen un chintófano como o que vedes no salpicadeiro. E se lle sopras e lle deches ao augardente de caña (que recordos, sniff...) o coche non arrinca. Pero, para que vexades como é a cousa, algo que ignoraba eu ata hoxe: O MAQUINILLO PODE APAGARSE SE SE DESEXA!!!! Impresionante. Que razón ten Sven-Olov Hiller, vicepresidente da agrupación de taxistas: "Non se pode confiar en ninguén". Inxenuos son...

(*)Traducción ao idioma vernáculo desta provincia galega do clásico "polo río abaixo vai unha troita de pé", celebrado himno de coros tabernícolas.

23 January, 2006

Este é o son da vida (gravado en plan cutre, of course)

20 January, 2006

As dornas dun sueco

Antes da nada doulle as gracias a Pacha que me puxo sobre a pista. Descoñecía a historia deste paisano suecogalego, Staffan Mörling, que onte foi nomeado fillo adoptivo de Bueu polas súas investigacións sobre os barcos galegos tradicionais. Os companeiros da Voz en Pontevedra contan os pormiúdos do acto. Gracias, Pacha, por demostrar unha vez máis as estreitas conexións entre Galicia e a súa provincia nórdica, Suecia. Interesante, si, señor. O final do proceso colonizador está pertiño...

19 January, 2006

Si, familia, aquí tamén enfriou


Vale, vale, debido á aclamación popular, e ante o frío siberiano que percorre o norte de Europa, vouvos informar sobre a branca situación de Gävle e comarca... Nestes momentos non neva, si o fixo onte e esta mañá, pero pronostícanse tormentas nas próximas horas. O máis drástico foi a baixada de temperaturas. Non superamos os -10 graos e nos seguintes días a cousa vaise endurecer... No gráfico superior vedes as temperaturas. A primeira ringleira refírese ao día de hoxe e na de abaixo (fredag, lördag,...) son as previstas a partir de mañá venres. A foto demostra as fortes nevaradas que están a caer en toda a comarca, e en Escondenabia en xeral. Foder, que frío!!! (De aí intúo que ven o nome da vila da que vos falo máis abaixo).

17 January, 2006

-Ti tes nai?

-Yes, and pai.
O grande Carlos Blanco pronosticou hai anos esta conversa, que amosa a cercanía que está o galego do mundo, e o sinxelo que para nós é comunicarnos (O que? Ou? E logo, digo eu...).
Velaí vos vai unha conversa en sueco na Sveriges Radio (a radio nacional sueca) con acento de Culleredo. Foi unha entrevista que me fixeron en abril do ano pasado sobre os estudios de español. Por sorte, o acento mellorou un chisco...
-Ti tes can?
-Yes, and cadela.

14 January, 2006

Deus, como amo este país...


(É ou non é o sueco unha variante dialectal do galego?)

10.000 visitas!!!

En nove meses. Gracias, mil gracias, a todos vós.

13 January, 2006

Juan Barro, na tele sueca

O proceso colonizador do díscolo pobo sueco segue en marcha. Todo leva o seu tempo. Pero os prazos vanse cumprindo. A tele, como medio de comunicación de masas (Jordi Estadella ou Teté Delgado, por exemplo), é unha das pezas estratéxicas para que a quinta provincia galega asuma a súa nova natureza. O Estatuto do BNG fala da posibilidade de anexionar concellos limítrofes con Galicia. Suecia é un caso claro xa que o Atlántico galego limita co mar Báltico loiro (aguas cantábricas e algunha máis por medio), polo que o detalle de Quin é nítido.
Pois ben, na tele sueca, na privada T4+, adícanse a facer un resumo semanal da Liga e nada mellor que enchufar o satélite de TVE en plan Telecoruña para amosar os goles da xornada. A imaxe amosa un exercicio visual. Corresponde a un partido do Celta que comenta o compañeiro e mellor amigo Juan Barro (non vos perdades esta entrevista do compañeiro Rabudo) para TVE... e tamén, polo visto, para a canle sueca. Ampliade a imaxe cun click e veredes que o que digo é certo. (Cousa rara esta: Juan nunca se fixo o sueco, anque fose por pillar algunha sueca, of course).

12 January, 2006

A ex-veciña Geena Davis


Enterámonos de que Geena Davis (era Pelma ou Louis?) ten un estreito pasado sueco. É máis, ao parecer estudiou en Sandviken, a poucos quilómetros de Gävle, onde traballa Marta. A ex-veciña Geena protagoniza unha serie de TV de estreno en Suecia ("Commander in Chief") e por eso os medios locais publican unha entrevista co nacho da imaxe, que acolleu á actriz na súa casa nun programa internacional de intercambio de estudiantes no curso 73-74. Estudiou no instituto Hammargymnasiet e o seu anfitrión mantén aínda comunicación con ela. "Cando sexa estrela, terás que visitarme a California", dixera daquela a Rune Sandelius, o sueco da foto. E aínda ta esperando.

08 January, 2006

Morreu a familia... Viva a familia!!!

Mentras os curas españois (porfa, que non nos quiten as clases de relixión dos nenos... para unha que aproban...) poñen o berro no ceo, ese ceo que se apropiaron e reteñen sen compartir co resto de pecadores de la pradera, a sociedade sueca vive tranquila as cousas normais. Quero dicir, que se dúas persoas se queren non a levan ao paredón por darse besitos en donde no deben. No medio do xornal local de Gävle, perdida entre as fotos de recén nacidos que os veciños comparten cada día, leo unha que di no seu pe:
"Madeleine e Malin Sjöberg, Eskilstuna, tiveron unha nena o 19 de decembro que se chama Michelle. Pesou 3440 gramos e mediu 50 cm".
Por suposto, Madeleine e Malin son dúas mulleres. Elas están felices porque tiveron unha filliña. Nin puta idea sobre o sistema que empregaron. Nin se é adoptada. Nin se foi a cigoña en persoa (descartado polo pelete da época). Pero ámanse. E son mamis. E ningún cura chista. Nin tampouco hai defensoresdelafamilia berrando pola rúa e dando clases de moralidade (esa que seguro deixan esquecida nalgún lupanar cando cadra a ocasión).
Michelle, ma belle
Sont les mots qui vont trés bien ensemble,
trés bien ensemble
(The Beatles)

Dopaxe no ximnasio

Hoxe fun ao ximnasio. Pero esta non é a noticia, aínda que o pareza. Cando rematei de pegar chimpos funme duchar (non, tampouco é esta a noticia...) e na papeleira situada nos vestiarios descubrín unha lata como a que vedes na imaxe. Nada de Gatorade nin caralladas: unha birra e a tomar polo. Descoñezo se en vez de anabolizantes o tipo en cuestión se lanzou unha tapiña de orella ou callos, pero dáme que a cousa é de todo menos deportiva. Xentiña...

03 January, 2006

D multiplicado por T

O peor que lle pode pasar ao xornalista é que se poña a falar de xornalistas...
...pero según quen hai excepcións. Aquí vai unha. Ou varias. Aqueles tempos de "paginitas", nas que se escribían todas elas baixo o recordo de que estabamos nun diario, non nun semanario, cun gran cartazo que amenazaba coa reciclaxe das nosas exclusivas de hoxe en envoltorio de peixe de mañá, mentras, día tras día, obrábase a miragre e saía o xornal á rúa. Días de Juan Carlos Boga, Alberto Mahía e César Casal, e moitos máis, todos eles grandes, bos e xenerosos. Impresionantes tempos eses, de verdade que si. Hoxe leo en xornal.com razóns puras de José Luis Gómez que asino absolutamente en branco.

Benvidos a Frigoland

Si, agora pódese dicir que vai frío. Non se sabe ata cando seguirán estas temperaturas (na imaxe, a previsión da semana) pero de momento é o que hai. Hoxe ademáis déuseme por sair á rúa co pelo mollado, en plan campión. As greñas puxéronseme tesas como se fose directo para unha actuación dos Jackson Five.
Botádelle un ollo ao termómetro da dereita do blogg e veredes que, de momento, ata as previsións parecen optimistas...

02 January, 2006

Diccionario rápido de sueco nunha bolsa de tacos mexicanos


(Sen palabras)

01 January, 2006

2006... Por el culo te la ahínco!


... Si, amigos, é difícil acostumarse ao cambio de cifra. Pouco a pouco. A mañá apetece para botar unhas carreiras de esquí por Kungsberget abaixo, a estación de Gävle, como vedes na imaxe. Que tal o pasastes onte? Nós, tras unha noite de globos e chífaros, moito foguete de luces no ceo, e abundante neve, retirámonos a casa para papar as doce uvas suecas (a barriga de Marta necesita tranquilidade, "lugn och ro"). Logo, tras falar con toda a family galega, a cousa na tele estaba para elexir entre Mad Max 2 e Psicosis (do resto de pelis xa nin falamos). E digo eu, que xa sen necesidade de ter un Gayoso que presente un programa decente, joder, non sei eu se con Psicosis dá gusto empezar o ano...
A tele sueca di que foi unha noite con moitísima xente (comorrrr? estes non foron a Santa Cristina na vida...) e demasiados follóns. "Fomos bombardeados con episodios violentos e de desorde", dixo hoxe a poli de Gävleborg. Si, claro, alguén que dixo "caspita!" pola rúa e outro lle sacou unha navalla multifunción suiza... Ai, que loiros... Hoxe segue nevando aínda que subiron algo as temperaturas.

PERO ANTE TODO, BRINDO POR VÓS E POR UN VENTUREIRO 2005... DIGO... 2006... Y POR EL CULO TE LA AHÍNCO!!!!