14 October, 2006

ÚLTIMA HORA: NARF, SEGUNDO!

O Festival Europeo da Canción en Linguas Minoritarias, Liet, foi copado por artistas galegos: Os galegos feténs, os do sur tipo Compostela, os que responden a Narf, colleitaron un fantástico segundo posto, só superados polos galegos do norte, os lapóns suecos, que foron os preferidos do xurado. O certo é que Fran Pérez estivo espectacular, enganchou co público, que non parou de bater as palmas, e cativou Östersund coa esa voz doce e a súa guitarra guerrilleira. Foi o mellor, pero os da casa mandan. Évos o que hai.
Saúde e forza!
Moita forza!
NARForza!

3suecos máis

Anonymous ghanito said...

Contando con que eles xogaban na casa e que aquí non se puido seguir na televisión, é un segundo posto que cheira a victoria.
Parabéns a Narf

12:32 AM  
Blogger mourullo said...

Chuzado! ;-)

11:35 AM  
Blogger Plattdorf said...

Eu tamén o chuzo!

11:02 PM  

Post a Comment

<< Home