29 June, 2006

"Galicia: paraíso intacto"


O xornal Sydsvenskan, o máis importante do sur de Suecia (Malmö e bisbarra), publica unha extraordinaria reportaxe sobre Galicia, sen facer mención, iso si, ao aspecto centralista que posúe sobre as colonias do norte. Disimulemos... A xornalista Carin Höglund reproduce con gran lucidez as formas da realidade galega, lonxe dos tópicos chorras que tentan a calqueira publicación que pretenda ofrecer as distintas posibilidades para os futuros viaxeiros. Fala do traballo dun pobo por fuxir da pantasma do Prestige e da forza da xente, que é a que de verdade paga a pena (esto dígoo eu). Tamén da praia de San Xurxo (sic), dos eucaliptos de Doniños, e do parecido que teñen os galegos cos europeos do norte (reafirmando as miñas teorías):

"Dise que os galegos son difíciles de entender. Cabezóns, silenciosos, ocultos e orgullosos (...) Cun temperamento semellante aos europeos nórdicos. E esto fai que un de cada dous galegos séntase máis emparentado cun irlandés que cun español do sur".

A percebeira Lucinda Rellán Souto, retratada no Sydsvenskan

Fala de Manuela Rodríguez, que vive en Nova Jersey e lle berra aos fillos en inglés para que se preparen, que van visitar as tumbas dos avós, en Carnota. "Estas son as miñas orixes. Quero que eles amen o que eu amo". Sanxenxo, a empanada, a gaita, o vento... "Galicia: paraíso intacto", como titula a reportaxe.
Estes son algúns dos puntos que debe coñecer un viaxeiro sueco, segundo o xornal:

  • "Galicia é unha autonomía gobernada polos socialdemócratas e as esquerdas".
  • "A costa repártese entre os fiordos do norte e os do sur: Rías Altas e Rías Baixas".
  • "Fálase español (castelán) e galego. O galego foi prohibido por Franco pero agora vive con forza".
  • "Considérase que Galicia está incluída no entorno ´celta´, xunto con Irlanda, Escocia e Bretaña. A gaita caracteriza a súa música tradicional".
  • "No ano 2002, Galicia estivo afectada por unha catástrofe medioambiental, cando o buque Prestige soltou unha chea de petróleo sobre as praias. O movemento Nunca Máis, creado por voluntarios de toda Europa, axudou a limpa-la costa. O accidente foi un duro golpe para a economía pesqueira".
  • "Cómense mariscos e polbo. O polbo á feira elabórase só con aceite e especias. Tamén son típicos os callos (...) e a empanada, que é un pastel (pai) cheo de peixe, carne ou verduras".
  • "A bebida nacional é a boa Estrella Galicia. O Ribeiro é típico dos fiordos no norte e o Alabarino dos do sur".
  • "Débese levar paraugas. Pero grazas á choiva Galicia é verde e frondosa. De tódolos xeitos, no verán vai sol frecuentemente e xullo é verdadeiramente caluroso".
En resumo, que os suecos admiten que Galicia limita ao norte con Suecia mar por medio. E esto debería ser recollido no Estatuto. Xa.

5suecos máis

Anonymous Anonymous said...

Pois vai ser certo eso da Estrella Galicia e a festa jolgorrio!

Maritán

5:18 PM  
Anonymous Anonymous said...

Estrella Galicia bebida nacional? Buah, onde se poña a caña de herbas que se quite todo o demais :)

7:00 PM  
Blogger ifrit said...

Pois si que saben estes suecos!

As bebidas nacionais son a Estrella Galicia, o licor café, a queimada, os viños, a caña...

Sen dúbida este artigo podería se-lo preámbulo do novo estatuto :D

7:04 PM  
Anonymous Anonymous said...

o Ribeiro dos fiordos de arriba? todolos ourensans a manisfestarense a Estocolmo!!! :)

11:31 PM  
Blogger Kiko Novoa said...

Hahahahaha, si, eso pensei eu tamén!!!!
:D

9:12 AM  

Post a Comment

<< Home