Andreas: "Festa, festa, festa!!"
Na estratexia colonizadora é imprescindible manter no rego aos pequenos besbellos. Son eles os que, aceptando a imparable adhesión á Comunidade Escandinava Pangalaica (COM.ES.PAN.), manterán con fervor a condición de galegos do norte. "Festa, festa, festa", di Andreas con (podería ser) acento de Carral cando lle preguntan que fará esta noite para celebrar que rematou o Bacharelato. Unha "festa" sen políticos papadores de polbo e sen foguetes de tres pesetas, pero "festa" ao fin e ao cabo. As variantes dialectais do sueco quedan claras. Pídovos que lle botedes unha ollada a este video. É curto. Pola metade aparece Andreas. Que tipo de galego articula? Sóavos? Da Mariña luguesa? Das Terras do Deza? Sería apto para dobrar a Doraemon?

13suecos máis
Hola, a min paréceme da Terra de Trasancos, no só pola fala, senón por a súa xenética, típica da comarca. En Trasancos úsase moito a perilla. De tódolos xeitos, qué beben, bränvinn ou augardente do país? Estes suecos gústanme, porque son moi enxebres e divertidos. E moi espontáneos.
Oes, ¿a que ven esa teima náutica no vestiario?
Hahahahaha, beben bränvinn e moita öl, por suposto. A teima náutica non sei, será porque nestas datas bébese a mares...
Seica fixo un stage de aprendizaxe na Teima de Ponteceso
Son simpáticos estes suecos, dende logo...
E esta festa significa o mesmo ca nosa ?.
Acabo de vir da graduacion do instituto de Aan e eche ben distinta...ata na cor dos alumnos.
Eu por situalo nalgún punto da xeografía galega tradicional diría que ten relación coas terras de Betanzos. ¿Acaso esas embarcacións que se ven no video non son as empregadas polos Caneiros para remontar o río Mandeo? Velaí a reminiscencia náutica.
Hahahaha, chapeau libertad!
Eu tamen digo do mesmo.. recórdame moito ós caneiros de betanzos..
PD: Suecia non só se está volvendo galega, senón que os triunfitos estánse volvendo suecos
(máis ben Melodifestivaleros)
PD2: O 15 de xullo ás 8 do serán (hora sueca) no O-Ringen, concerto de Anna Sahlene, que además acaba de ser mamá
PD3: A URL é a do novo foro de fans dun programa moi bo que había na radio e que por culpa da emisora de radio agora estamos cabreados
Arrecó, eu viña aquí precisamente a dicir o dos Caneiros.
Mesmo parece que van botar as lanchas polo Mandeo abaixo, ti.
Realmente
Realmente parecen Os Caneiros, esa romería tan popular...pero falta o viño de Betanzos, que con todos os respeutos...non hai que o beba..estes son máis listos e beben outras cousas...a ademais non se manchan con viño tinto, que é toda unha porcallada..
Hahahahaha, un respecto co viño de Betanzos, que alí está a planta de Coes, que é como o xogo de Quimicefa pero ao grande!
Post a Comment
<< Home