facéndome o sueco
Suecia, a prolongación de Galicia. O sueco, unha variante dialectal do galego. Este é o blogg do proceso colonizador da quinta provincia galega.
30 November, 2005
Parlar català a Suécia
Era o que faltaba, amigos, pero nun dobre mortal con medio tirabuzón sen rede, aquí, o meu corpo, comezou a estudiar hai un par de semanas catalán. Si, si, catalán. Os que me coñecedes xa sabedes que estou metido en todas, e como aquí, na provincia sueca de Galicia, os estudios universitarios son completamente gratis e por riba financian tódolos custos, pois deume por inscribirme en catalán, na Universidade de Uppsala. É o curso de iniciamento e só hai que asistir un día a semana, un par de horiñas. É un bo xeito de seguir practicando sueco e coñecer algo dun novo idioma. "Pero quen carallo pode estudiar catalán en Suecia?", preguntarédevos... Pois para empezar, eu teño 14 compañeiros, todos suecos, loirísimos e con ollos azulísimos. As clases impárteas un sueco fetén, que lle deu polas linguas románicas e fala perfectamente catalán e francés. Xa sei: é alucinante. E dáme unha envexa espectacular ver aos suecos esforzarse para dicir la "noia", "si us plau" ou "gràcies".
Ideoloxías á marxe, o certo é que o trato que dan a Cataluña os medios de comunicación suecos é de auténtica nación. Hai incluso dous anuncios de TV (unha aseguradora e un banco) nos que varios tipos diríxense a Henke Larsson, o prota, en catalán. Falan de Katalonia cando transmiten un partido e recordan que alí fálase katalanska. Envieille un día unha carta á TV4, a que emite os partidos da Liga (catro cada fin de semana, en aberto e gratis!) para recordarlle que en Galicia tamén se fala un idioma propio, que é o máis falado de todo o Estado en proporción con habitantes (máis co catalán e co euskara). Dixéronme que o tiñan en conta, e agora cando transmiten o Celta ou o Depor, falan das bandeiras galegas que hai no campo ou do idioma galego e esas cousas culturetas que tanto lles mola. Non sei se serveu de algo a mensaxe, pero o importante é que nos poñen no mapa.
Hoxe levarei a clase de catalán unha entrevista que publicou Nacho Mirás na Voz con Kristina Berg, a presidenta da Fundación Carlos Casares (e viúva deste espectacular escritor que tivemos... e temos), que é sueca e fala perfectamente galego. Xa vos contarei como reaccionan os compis e o profesor. Pero van flipar, he, he...
Äntligen!!!!
Si, amigos, por fin está nevando, de verdade, non como hai uns días. Veremos se por fin nos adentramos nun branco Nadal ou debo seguir esixindo responsabilidades por pasar de Kyoto. Se queredes seguir a nevarada sobre Gävle en vivo e en erecto, premede sobre a foto da cabra, á dereita da páxina.
27 November, 2005
26 November, 2005
Cachondos son, carallo

Mundial incidente o de hoxe no aeroporto de Málaga cun avión cargado de pasaxeiros suecos desexosos de airear a panza en Fuengirola. E espectacular a crónica de EFE (atentos, futuros xornalistas), que recurtei no máis importante:
Pasajeros avión con falsa amenaza bomba lamentan 'pesada broma'.
El pasaje del vuelo Estocolmo-Málaga, en el que tres personas dijeron hoy que portaban un explosivo y que tras activarse la alerta policial se supo que era falso, lamentó esta 'broma pesada'. John lo consideró una broma de mal gusto y que el autor debería ir a la cárcel. Elena Tjellander, que vive en Suecia aunque antes lo hizo en España, relató que la Policía ha entrado y el resto de personas ha salido'. Esta pasajera tenía concertada una entrevista de trabajo a las 13.00 horas e iba a llegar tarde tras esperar hora y media para coger su equipaje, explicó Elena. María Luisa, otra pasajera, explicó que eran 'personas normales y corrientes como nosotros, jóvenes'. También precisó que el capitán del avión se dirigió en sueco al pasaje y dijo que había 'habido un mal comportamiento en el avión de alguien y la Policía iba a venir a llevárselos'. Señaló que 'los suecos son todos muy educados y muy tranquilos, no dicen nunca ni pío, todo el mundo estaba callado, cada uno sentado en su asiento y cuando la Policía ha dicho que salgamos, hemos salido'. Mientras tanto, un pasajero muy enfadado aseguraba desconocer lo ocurrido, un joven que venía a jugar al fútbol esta temporada a la provincia malagueña era recibido por familiares, entre ellas su madre, Agneta Ehrnstrom, sueca, residente en Coín (Málaga) y que tradujo el testimonio de su hijo de que 'una persona en el vuelo decía que tenía una bomba, una granada grande'. El avión, un Boeing 737, de color verde, permanecía mientras al otro extremo del aeropuerto rodeado por guardias civiles, y Daniel Quesada, un obrero que construye una central eléctrica para el aeropuerto, contó que vio aterrizar el avión y llegar, al momento, bomberos, la Policía, 'con seis o siete perros', y la Guardia Civil.
25 November, 2005
Operación: Queimar a cabra

Andan estes días no centro de Gävle a colocar esta cabra de palla que vedes na imaxe (esta corresponde a hai un par de anos). A cholla serve para recordarnos que xa estamos en Nadal e que esta domingo é o primeiro de Advento. O curioso do asunto é que a cabra de marras agacha unha negra tradición: a de queimala sen ser cachado. É dicir, ao lado do becho hai unha garita onde vivirá día e noite un señor garda (esta xente anda moi ben de tempo libre) que deberá protexela de caralláns estragapallas. Por exemplo, o ano pasado, a mediados de decembro un fulano entrou no recinto e prendeu lume á cabra-la-cabra-la-puta-de-la-cabra (se non o digo, estoupo) e fuxiu rúa arriba sen que ninguén o pillase. Seica un ano un profesor universitario de Gävle, todo mamado e eso, queimou a cabra e armouse un McPolo de flipar, pola honra e tal. Pero o becho é coñecido en todo o mundo. En Inglaterra hai todo un mercado de apostas por ver se alguén acerta se a queiman e cando, como...
Pronto publicarei un enderezo para que poidades seguir en directo a "vida" da cabra. Dareivos cumprida información.
Hjälp, axúdame
O mestre Yoda contra Paca. Si, amigos, recordades a ese colega noso que quere practicar español connosco? Pois ben, hoxe chegounos esta mensaxe, e para dicir a verdade, non temos nin putísima idea do que quere dicir. Se podedes botar unha man, estareivos agradecido. Velái vai:
Qué tal ?
Ahora quando el Navidad se arribar nos otros tenemos dos hehos son importante.
Primero lo 8/12 tenemos el gachas de Navidad quando todos comen grachas juntos.
Segundo lo 14/12 vamos a comer comida de Navidad amricano a un restaurante.
Espero qué puedes participar
Bueno primero aventio
22 November, 2005
Alá foi o almorzo...
Non, non falo da fulana modelo. Falo de min. Xa sei que o xornal local de Gävle non é a Penthouse ("pentouse", que diría un que eu sei) pero, en fin, darlle unha dobre páxina a unha barriga pillada entre dous dedos por un médico (ou carniceiro, que a chaqueta branca dá para moito) estraga o café con leite a calquera, ou que? O titular, "Pase e elixa", invoca a un libro recentemente publicado sobre operacións estéticas. "Pase e elixa". Joder, eu elixo que non me escarallen o día desde o primeiro minuto. Vale, vale, este é un país liberal, sen tabús sexuais, e dálle e que sei eu... Pero cona, aí, enrugada e co felpudo que só lle falta o "Benvidos", coa imaxe en cinemascope, introdúcenos nun mundo perralleiro, con pesadelos, demos e así. Ai outros mundos, amigos, pero están neste.
20 November, 2005
Carreiro Branco
Tamén os galegos de Suecia recordan os 30 anos do incidente ese do tipo do cabalo (ex-cabalo) e dese simpático personaxe que voou 40 metros sen ascensor (quen cantaba unha canción que tiña unha letra parecida? La Polla Records?). Aí tedes un fermoso carreiro branco, situado no centro de Gävle, un domingo ás 9 da mañá. O da neve é algo flipante, amigos, sobre todo para un culleredense que o máximo que se achegou a tal fenómeno foi ao Xalo. O ano pasado os primeiros días paseino estranamente: tiven unha chea de pesadelos que me toleaban a cabeza. Ver tanto branco foi tan impresionante que se me meteu no miolo varias semanas. Uff. Marabilloso o invento ese da neve. O máis bonito que cae do ceo (logo da chuvia na Rúa Real da Coruña ou no Vilar en Santiago, of course).
Igrexa Maricona
Por Zaplana!!! Que é o que len os meus ollos. A Igrexa sueca (luterana, a maioritaria nesta rexión galega) publica nos xornais, con descaro e falta de gusto, dúas páxinas nas que titula:POR FIN! -agora as parellas de mesmo sexo reciben a bendición da Igrexa sueca.
Pero a onde imos chegar?!!!! Que será o próximo? A poligamia? Matrimonios con alces? Os curas suecos non obrigan á comunidade a avaliar a relixión nos colexios e agora, por riba, aceptan os matrimonios entre gays e lesbianas. Eso é gravísimo! Por todos Losantos, agardo que a administración central tome cartas...
(Rouco sálvanos!
Ora pro nobis
Zaplana ven a nosotros!
Ora pro nobis
Acebes danos tu paz!
Ora pro nobis)
PD: Unha vez máis: LOE NON!!! QUE NON QUITEN A RELIXIÓN DAS ESCOLAS!!!! (Repito, para unha que se aproba pola gorra, carallo...)
17 November, 2005
Como mola ser galego (II)
Aí tedes, entre o catálogo de pelis que se poden mercar en calquera tenda, "O Bosque Animado". Cecebre e Fernández Flórez atravesan os verdes soutos suecos para abrirnos a maxín con retranca galega. A colonización destas terras, anque lenta, comeza a dar os seus froitos. Hai que ter paciencia, pero pronto a poboación loira cantará alalás entre arrecendos de polbo á feira e soltará aturuxos ao cabalo de alces (chisco contradictorio, seino) entre o branco da neve e o negro do ceo. Por suposto, non admitiremos partidos internacionais da selección sueca de fútbol. Digo esto porque xa sentín algún murmurio. Eso acabouse. Onde se viu que unha rexión autónoma metese o calcaño no regate dun xogador da parroquia colonizadora. Pois eso. Hej Carballeira!!!!
Bich Bois tesos

Non, non é a praia de Razo, nin Barrañán, nin Riazor. É Gävle. Ondiñas veñen e van. Si amigos, os clásicos Bich Bois escondenavos bótanse á auga (por baixo dos -4 graos) para surfear en plan flipe que te pasas. Botádelle ao ollo a este video para ver como se comporta un loiro sobre a cabeza da onda en plan good vibrations (e de paso dades un rule virtual por Gävle).
13 November, 2005
La Galicia china de TVE
Será por vivir tan lonxe do centro do mundo que a un que escrebe lle tocan as narices certas cousas. Ou se cadra son eu o único sensible que flipou por dúas veces co Telediario do domingo? Nas dúas edicións falouse de Quintiang, segundo TVE, "La Galicia china". Todo porque os chineses de Quintiang son emigrantes. E claro nós, os galegos, somos emigrantes. E os chineses son galegos. E os galegos chineses. Os galegos non colonizamos, emigramos. Unha especie de lixo en busca de aventuras. Os putos mesmos tópicos, ano tras ano. Un século tras outro. Dá igual todo. Galicia será, para sempre, pobo de paseadores. Coas mans nos petos damos as voltas aos mundos. "La Galicia china".
Logo, entereime de que a repugnancia agacha cousas bonitas. E esta historia, na súa orixe, éa. Seica moitos campesiños e canteiros da chinesa Qintiang asentáronse en Galicia, un país que, segundo eles, lles lembra á súa patria, algo que a tele non dixo. En Galicia a implantación dos emigrantes chineses é moi recente. No ano 2000 estaban censados 452, e actualmente serán uns 600 os que residen na comunidade. Por provincias, 179 viven na Coruña, 160 en Pontevedra, 64 en Lugo e 49 en Ourense.
Esa é "La Galicia china". Gracias, tele, por facerme recordar cal é o meu sitio.
12 November, 2005
09 November, 2005
Como mola ser galego
Sabedes, amigos, que Galicia, a Galicia sureña (a do norte chámase Suecia, ou "Sverige" como a alcuman os habitantes destas terras, aínda non totalmente colonizados) está habitada por moi diversos esquemas. Uns levantan bandeiras avergoñados de pisar terra terremota, outros din que "el gallego no te sirve para nada" e outros son "galegos coma ti". O resto de aboríxens dáselles por outras cousas, non saen moito na tele e eso, pero estan aí. Por exemplo, Miguelanxo pinta. E aquí, onde o aire dá a volta, sábeno ben. Non sabedes o emocionante que é andar debullando por unha biblioteca procolonizada sueca e atopar pezas como a que tedes na imaxe. "Pedro e o lobo", de Miguelanxo Prado, en sueco e lido por centos de pequechos loiros. Gracias Miguelanxo. Por non levantar bandeiras, pasearte polo frío e traernos lobos que falan sueco con acento galego. Como mola, amigos, ter nacido en Culleredo...
04 November, 2005
03 November, 2005
Freba de sábado noite
Soñei que Rajoy e Carod remataban o debate sobre se está Tuto cunhas fregas na mesma tribuna do Congreso. Pero esas cousas, ou parecidas, só poden ocorrer en Suecia. Nas fotos vedes ao ministro de Xustiza, Thomas Bodström, vestido/a con estas pintas para pechar o congreso do Partido Socialdemócrata.
02 November, 2005
BNGABBA (léase co segundo b ao revés)
O da colonización galega de Suecia, amigos, ven de lonxe. Máis do que vos imaxinades e imaxinaba. Sinceramente, ademáis de Mamma Mía, Fernando, Chiquitita e de crer que Santiago Segura era o loiro do piano, pouco sabía eu de ABBA (léase co primeiro b ao revés), e por eso de cando en vez boto unha orella polas músicas nórdicas, tanto é o meu desexo de facerme o sueco, rexeitada a idea de tinguirme de loiro. O caso é que hoxe escoitei un tema que se chama "Arrival", do disco de ABBA (léase co primeiro b ao revés) de mesmo nome. Nese momento a neurona lembroume que eso xa o sentira eu algún día. Si, estaba seguro. Xa sei. Ese titirití instrumental xurdía de coches fordfiesta e ibizas co escape trucado en tempos de ereccións. Si, amigos, o tema "Arrival" é a banda sonora do BNG, que digo eu que non haberá poucos temas galegos sen ter que buscar tan ao norte, anque só sexa por colonizar. Non, non é Santiago Segura o pianista loiro... é Xosé Manuel Beiras (que tamén é pianista!). Non sei se vós sabiades esta cholla, pero aí tedes un arquivo, moi charramandeiro, aviso, para facervos á idea.
01 November, 2005
Google, desgraciáronche a vida, tío
Porque si, porque chamarse Google é como apelidarse Busto Pequeño (verídico!). Eso marca máis que Tristán en soños. Estamos ante o inicio de vida de Google Kai, un cativo que naceu en Kalmar, en setembro, fillo de pai libanés e nai sueca. Os dous, namorados do buscador Google (xa lles vale). Os dous, tocapelotas en grao sumo. Hainos que se apelidan Aja Chao, Gato Sardina, Marta Marta (todo esto é demostrable, ollo), pero o de Google, clama a Yahoo. Ten ata web para saber da súa vida. En fin.






