31 October, 2005

Pois si, algo perfeccionistas son...

...e se aínda non o credes, mirade para este anuncio dun partido de baloncesto: "Domingo 30 de outubro ás 16:04 h". Total, que se por un casual hai minuto de silencio escarállase o tinglao.

24 October, 2005

Bilbao expándese

Si, amigos, se non apuramos a colonización galega das terras suecas, os bilbaínos están dispostos a atacar con todas as súas forzas. É máis, creo que a batalla marítima está perdida, e tamén a de auga doce, cando menos é o que parece nesta foto.
O fulano que vedes chámase Klas Kinell, e pescou con cana un öring, unha variante de salmón, de 118 centímetros e 15,5 quilos. Aínda non sei que vai facer co becho. Se cadra desécao e colócao no salón xunto ao reno de porcelana... Hale, a rillar todo o inverno!!!!

23 October, 2005

A primeira nevarada

Hai un espectáculo abraiante cada ano, gratis, para todos eses neófitos que só se asomaron ao branco pola televisión. Nevar, amigos, é do máis marabilloso que nos dá o ceo. Comprobeino o ano pasado e certfícoo agora. Hoxe caeron (caen) as primeiras folerpas da temporada. E como todo o fantástico, de nada vale se non se comparte. Por eso Marta e eu abrímosvos esta pequecha fiestra para todos vós.

21 October, 2005

Os homes de Harrelsson

Se hai unha serie que traumatizou á infancia con homes que pegaban tiros sen despegarse dos seus sorrisos, esa foi, amigos, "Os homes de Harrelson". O que non sabía eu era que o tal Harrelson non era americano, senón sueco, xa que logo tería que chamarse Harrelsson, con dous eses, "o fillo de Harrel", e que quizáis foran as súas pistolas as que me levaron a este país (chéirame que esto último pode levar a enganos...). En todo caso, hoxe, en Gävle, nun banco que está perto da nosa casa, consumouse un atraco deses que aconten cada dous días na N550 ao seu paso por Vilaboa pero que en Suecia se convirte nun acontecemento mundial. Acordellamento, metralletas, furgallas... Por Odín que nunca tal vira. Polo que sei, dous homes armados con machetas (e paciencia, supoño) atracaron a sucursal de SEB (os nosos cartos non está aí, hehe) e logo fuxiron nun Passat vermello que máis tarde sería atopado na zona norte de Gävle. Sobre esto último, ollo aos comentarios do voceiro da poli local: "Pode significar que os atracadores cambiaran de coche". Cajonatós, canta sabedoría, que nin a Garda Civil...

20 October, 2005

Fútbol sobre lenzo envolto en cinto


Non é esta a primeira vez que vos aconsello un bó libro. E tampouco é a primeira que está escrito por alguén a quen admiro. Pasou con Eduardo Herrero. E pasa agora con Arturo Lezcano.
Corren tempos de cerebros desinchadados nos que aínda hai quen se atreve a encher o balón de miolos, darlle voltas e soltalo ao mundo. E badualo...
"Cheché Martín: Futbol sobre lenzo" é algo máis que a vida dun xogador do Dépor que pinta en verde con liñas de cal. Tamén é un dos motivos polos que o deportivismo agradece a súa propia existencia e berra eufórico dende a torre de Maratón sen pretender sequera secar a vida co sal azul e branco que chega directo de Riazor. Entre tanto repugnante só nos queda o fútbol, as follas e Cheché Martín. E tamén xente grande e "gallina" como Arturo Lezcano.
Aí tedes un cacho de corazón envolto en cinto, marcado coa bandeira galega e coroado polo vento mareiro. Un escudo literario. Felicidades, Arturo.

19 October, 2005

O Imperio contra Paca

O mestre Yoda regresa con forza (para os iniciados, lede o artigo que ven logo deste):

No es bueno desde tu nostros abandanó. Totos es caos nada funtionar. Volves
inmediato.
El 16/9 va bene pero yo tengo vacationes.
Arreglo el plano del dia a usted.
OK ?
Si es tranquilo te descansar ! Le merecer !

18 October, 2005

O mestre Yoda é sueco

Imos ver amigos... Marta e eu temos unha dúbida peluda polo que requerimos da vosa axuda. Resulta que coñecemos un fulano teimudo que persiste no seu interese polo idioma español. Como os suecos sonvos moi sensibles temos medo a dicirlle que:
-non ten nin puta idea de español
e que
-está posuído polo mestre Yoda.

Aí vos vai un retrinco desta sabedoría lingüística sueca. É un emilio que enviou esta mesma mañá. Se alguén sabe mínimamente que conas pretende, procura e/ou desexa dicir o loiro este, por favor, nolo indique. Preparados? Tomade...

Losiento que no tengo tiempo de responder virnes pero ...
Claro que va bene com el paciente ! Èsta mojada bien ! Como un viejo
cirujane todavida he dicho.
Nosotros tenemos una hora 13-14 entonces tu me aprender toda que tu te he
aprendo los tres menas in Gävle.

17 October, 2005

"Hola! Es la guerra?... Que se ponga"


"Non se escoita nadiña"Posted by Picasa

Si, amigos, o aburrimento trae estas cousas. Varios xornais publican hoxe un debate que cambiará o rumbo da historia universal: "Cal é o mellor termómetro que podemos comprar?". A nena da foto (tomada do xornal SVD) está un chisco impresionada, non me estrana... e o que lle queda! En fin, non perdades a oportunide de mercar o mellor trebello para saber se por fin podemos pedir a baixa por doenza febril.

16 October, 2005

Inaugurada a temporada do "menos" (-X)


As autoridades sanitarias advirten de que non miredes moito para a fotoPosted by Picasa

Síntoo, a foto é mala de carallo, pero non sabedes o chungo que é sacar unha imaxe en plan creativo coa lúa de fondo e esas chorreces cando se agarra un termómetro... Ademáis de descubrir as semellanzas entre "el arte" e "helarte", serva esta foto para inaugurar...
A TEMPORADA DE TEMPERATURAS DO MENOS!!!!
Porque si, amigo, eran as 19:52 no reloxo da miña casa, que anda algo adiantado (hora galego-sueca), do domingo 16 de outubro, cando o termómetro marcou por vez primeira o "-0". Botade un ollo ó manubrio que hai á dereita da web e poderedes comprobar o viruxe que cae pola zona de agora en diante. Seguiremos informando.

13 October, 2005

Preñada mamada


"O alcool antes de dar a luz pode provocar lesións para toda a vida" Posted by Picasa

Pois non, "Preñada mamada" non é o título da última de Rocco Sigfredi, senón o xeito tan sutil que teñen os loiros para informar encol dos riscos de darlle ao tintorro cando levas dentro un pequecho. Marta e eu damos as gracias por controlar algo o idioma destes nachos, porque se non, quen diría que o anuncio non busca precisamente o contrario: amosar os beneficios intrínsecos do zume de parra, que din os Siniestro. Por se vos interesa, aínda estades a tempo de apuntarvos ao curso de marras: son tres días e custa uns 160 euros. Por suposto, inclúe o xantar e a "fika", é dicir, o café tradicional indispensable de calquer curso, xuntanza e/ou orxía que se preze.

Bota viñoooo pediaaaaatra...


A miña infancia é un puto inferno Posted by Picasa

...pediaaaaatra bota viiiñoooooooo. Non me digades que non é unha foto do máis senestra, con ese chuzascativo tras un vaso de cristal. O rollo é convencer de non tirar do frasco durante a xestación, pero vamos, con esa foto, parece que en vez de biberón lle arrearon un tóspiro de caña.

12 October, 2005

FELIZ DÍA 12!!!!!!!


Hoxe estamos de festaaaaaaaaaaaaPosted by Picasa

08 October, 2005

O outono xa está en Gävle


Ata os santos se mudaron Posted by Picasa

O día que descubrimos que o Concello retira por estas datas todo tipo de mobiliario susceptible de ser danado polo frío dixemos: "carallo, pois si que debe vir rasca..." Logo non foi para tanto (20 graos baixo cero sopórtanse mellor do que vos imaxinades) pero claro, cando o vimos, pensamos en vivir un tempo na neveira, a unha temperatura máis moderada que na rúa. Na imaxe vedes unha das fontes de Gävle, sen os santos, que marcharon de compras ao cortinglés a axenciar un abrigo de pelexo de cuxo tirando a reno.

Erguernos cedo para dar un rule...


O Boulogne skogen Posted by Picasa

É moi apetecible dar un paseo polo bosque e pisar as follas amarelas que caen das árbores. E correr tras un esquío ou apañar uns cogumelos.

...e botar un bingo ás 9 da mañá


Pola semana temos de 9 a 22 horas Posted by Picasa

Como tascorros para botar o vermú non hai, o bingo é un sistema xeitoso para fuxir do frío.

03 October, 2005

Hej Magnus "Torero del Norte" Ljung!!

Jag skriver det har meddelandet på svenska därför att jag skulle vilja hälsa på en fantastisk, trevlig vänn som bodde i Gävle och heter Magnus "El Torero del Norte" Ljung. Jag sa "bodde" eftersom han och hans flickvänn bor tillsammans nu i Málaga. Vi har pratat mycket varandra med ölen i handen medan tittade på TV Champions Leagues matcher. Jag önskar att de ska vara lyckliga i Spanien. Vill ni lära känna honom? Kolla här: http://eltorerodelnorte.blogg.se/

Escribo esta mensaxe en sueco porque quero saudar a un fantástico e divertido amigo que vivía en Gävle e que se chama Magnus "El Torero del Norte" Ljung. Dixen "vivía" porque el maila súa moza viven agora xuntos en Málaga. Moito temos latricado cunha cervexa na man mentras mirabamos pola tele os partidos da Champions. Desexo que sexan felices en España. Queredes coñecelo? Mirade acó: http://eltorerodelnorte.blogg.se/

Nós vímolo así


Total, que non foi total (Imaxe: Dagens Nyheter)Posted by Picasa

Suecia, más galega que Galicia. Nin moito nin pouco, nin se agranda nin se agocha. Así pestanexou o sol en Suecia esta mañá.