facéndome o sueco
Suecia, a prolongación de Galicia. O sueco, unha variante dialectal do galego. Este é o blogg do proceso colonizador da quinta provincia galega.
25 September, 2005
24 September, 2005
A primeira empanada galegosueca

Especialidade de "strömming"

Hoxe quedará para a historia da colonización galega en Suecia -xusto o día que se cumpren cen anos da división de Suecia e Noruega, só cen!- como o da primeira creación gastronómica entre os dous nortes, o de Breogán e o de Odín, metidos nun forno e a 225 graos. Falamos da empanada de "strömming", o arenque de Báltico, que durme entre o pan amasado por dous (e medio) galegos, aquí, en Gävle, onde o aire dá a volta. O seu nome verédelo pronto en moitos menús: A empanada "Xiana".
Empanada "Xiana" de strömming
Para a masa:
500 gramos de fariña2 dl de auga
12 culleradas sopeiras do aceite do sofrito
léveda de forza
sal
Para o sofrito
200 gr de strömming sen espiñas3 cebolas
1 pemento vermello
1 pemento verde
1 dente de allo
1/4 litro de aceite
perexel
sal
Preparación
Faise o sofrito nunha tixola grande durante 15 minutos, con todos os ingredentes agás o strömming. Pásase por un funil para recuperar o aceite do sofrito. Resérvase.
Para a masa, mestúranse todos os ingredentes, ata que se fai unha pasta, que deixamos descansar 40 minutos ou ata que medre o dobre. Amasámolo e dividimos en dous. Estiramos cada unha delas, pincelamos con aceite a bandexa do forno. Colocamos a base e logo o sofrito, e por riba o strömming limpo, sen cabeza e aberto en dous. Tapámolo ben coa outra metade da masa e pechamos os bordes. "Pintamos" o exterior con ovo batido. Introducimos a empanada no forno, a 225 graos, durante 40 minutos. E logo... Logo, a papaaaaaaaaaaaaaaar!!!!!
(Foll) Arte en plan sueco

Así de pasmaos andan en Borlänge
A raboteca, perdón, blibioteca de Borlänge, a dúas horas de Gävle, no centro de Suecia, amosa estes días cadros e pinturas da artista Anna Jans que están poñendo os pelos, entre outros, de punta a todo cando cultureta entra pola porta. Fixádevos que ata os nenos, acostumados ao Kalle Anka (o "Parrulo Donald" en sueco) andan flipadiños coa expo, e por eso algúns protestan, porque claro, unha cousa é que vaias á biblio a coller un libro e outra, volver cun calentón. Será que Escondenavia é xa, por fin, Amosanavia? A foto é en plan Berlanga, non o negaredes, co rapaz abrindo a boca, que ata lle cabería o... Uff, é que, non sei, que cada un utilice o maxín como lle caiba (perdón!). ("Que es el arte?, helarte es pasar mucho frío", antigo proverbio de Abegondo).
22 September, 2005
O telele, a min dame o telele!!!!

Premede a carta e disfrutade (1 euro: 10 coroas + ou -)

Cajo na tos!!!! Xa tan aquí! Peor que Poltergeist, que Fredy Krugger, que Acebes... A min dame algo, amigos. Rezo que os cachondos estes non teñan un parente en Chantada ou Sober, que non teñan nin flowers de galego, porque desta chímpanme seguro. Uff, tranqui, Kiko, toma folgos... Imos ver, cóntovos: Hai un ano e pico, ao pouco de aterrizar en Suecia, chegounos unha carta tipo imposto revolucionario na que se nos "solicitaba" o pagamento dunha cantidade de cartos por ver a tele. "Como!!!!???? Por ver a tele?", dixémonos. "Unha tele na que falan con letras estranxeiras vou ter que pagala?". A carta chegoume a min e tamén a Marta. "Benvidos a Sverige, amiguitos, por se non o sabedes, canto loiro hai paga como un cristiano, protestante, pero cristiano, polo feito de ter unha tele na casa". "O que!!!!!!????", preguntámonos sabiamente. "Cajonaconacosbotou. Pois que leven a tele", dixen. "Aquí non entra ninguén sen unha orde xudicial", respondeu Marta, en plan legal. "Si, que veñan, vounos recibir en bolas e cantando ´polo río abaixo...´", culminei, astuto. Pasou o tempo, chegaron as neves e todo ese rollo, e agora lemos no xornal que estes chuchasangues andan por aquí, por Gävle, e que poden chamar á porta, e que se non chamaches aos da pizza, son eles, amigos, e que estamos fodidos: "pois non, eu utilizo a tele para xogar á Play", "eu non encendo eso, que vos son un cultureta de carallo", "pero Marta!!! Quen conas puxo esa merda nesta mesa", ou esta outra: "Sandiós, como é posible que saian esas cousas de cores por esa caixa!!!!". Non sei, ningunha das tácticas nos convence. Agradezo ideas. Que veñen, que veñeeeeeeeeeeeeeen!!
19 September, 2005
Xea en Suecia dende NYC
Hai uns meses faleivos dun libro que publicara Eduardo Herrero, correspondente bó e xeneroso da TVG en Nova York, sobre a vida de Rosaura López, a galega que compartiu vida con John Lennon. Hoxe recibín esto no meu correo:
Ha muerto Rosaura.
Llevaba muchos meses luchando y sufriendo pero, pese a toda su fuerza y valentía, al final no ha sido posible.
Era, por encima de todo, un maravilloso ser humano. Una persona buena, generosa y vital. Todo un ejemplo.
Mi aterrizaje en Nueva York habría resultado muchísimo más complicado sin su impagable ayuda. Jamás podría haber llegado a pagarle cuanto hizo por mí.
Era como mi "otra abuela", mi ángel de la guarda de carne y hueso.
Siento que no haya podido disfrutar un poquito más de la popularidad que consiguió gracias al libro que preparamos juntos. Se merecía todo ese reconocimiento y mil veces más.
No me extraña que se ganase el afecto y la confianza de alguien tan peculiar como John Lennon. Ella no era menos excepcional.
Descansa en paz. Que Dios te bendiga.
Eduardo Herrero
16 September, 2005
10 September, 2005
Duquesa dequeixo

A princesa Madeleine, onte en Gävle

Aínda a risco de caer de machista-leninista, non podo agochar a visita da duquesa de Gästrikland (a comarca na que vivo) a Gävle. Foi onte. Alí estaba ela, coa súa melena loira fronte aos ventos polares, mentras eu, súbdito humilde (e moreno), contemplaba a beleza real de Suecia feita carne. Ou madalena. Madeleine.
04 September, 2005
O sur tamén é galego

Vacas arqueólogas na rexión de Skåne

Veño dunha viaxe ao sur de Suecia. É a rexión de Skåne, onde falan co "r" como os franceses (para entendelos hai que facer números!) e miran máis cara os seus veciños dinamarqueses que cara os seus compatriotas suecos. E xa que estábamos, saltamos a Copenhage, gracias a unha ponte fabulosa que permite viaxar en coche sen necesidade de tomar ferries e pastillas anti-mareo. Na imaxe, unha estampa sueca que ben podería ser galega. Que alivio! Non só en Galicia as vacas disfrutan da paisaxe sobre restos arqueolóxicos e/ou asentamentos castrexos. Tamén en Suecia ocorre! Aquí vedes a tres vaquiñas coas Ales stenar , as "Pedras de Ale" (unha especie de Stonehenge sueco), ao fondo. A paisaxe, crédeme, é idílica. O mar calmo fronte unas costas verdes convirte esta zona nun lugar encantador.
Copenhague a baixo costo

Marihuana, cannabis, costo,.. sigo?

A imaxe parece tomada dun apreixamento en peñamuela, pero corresponde ao Museo Nacional de Copenhague, que amosa estes días unha exposición sobre os cambios da sociedade dinamarquesa ao longo do tempo. Drogas blandas e alucionóxenos. Porque resulta que no tempo actual, un dos sistemas de ocio dos cidadáns da capital é baixarse, con permiso previo, a Christiania, un barrio convertido en país autónomo, con democracia interna, na que os policías ("Politi" nas súas camisetas) son contestados pola retranca dos cidadáns (algúns deles con "Idioti" nas costas).
Colas en bici!

Copenhague, á saída do traballo

Tamén Suecia está ateigada de bicis, pero Copenhague ten moitas máis que Estocolmo, por exemplo. Moverse en coche é un algo chungo para un inexperto a andar entre bicis (léase mi cuerpo), ou sexa que hai que ter tino para moverse sen necesidade de depesgar a un copenhaguense (dirase así?) do parachoques.
Ni nooooooo, ninoninononinoooooooo (*)

A casa de Karen Blixen

A vida de Karen Blixen, a autora das súas Memorias de África que recordamos nas caras de Robert Redford e Meryl Streep, transcorreu, en parte, nesta casa dinamarquesa. Alí está soterrada, alí xurden as súas experiencias. Por certo, no museo, no apartado de libros traducidos, atopamos exemplares en español, catalán, eusquera... alemán, francés, italiano... Si, menos galego, en todo o que vos imaxinades (a ver se logramos amañar a historia).
(*) Síntoo, non sei como colgar a banda sonora da peli e o máis cercano era esto...
Subir ou baixar? Ande ou xo? Ser ou non ser?

O castelo de Kronborg, dende o ferrie que cruza Dinamarca e Suecia

Descartada a hipótese de que Hamlet vivira neste castelo de Elsinor, e convencidos de que se así fose tería nacionalidade galega (quen mellor cun galego para preguntar: "Ser ou non ser?") só nos queda pasealo e mirar cara o horizonte. A dinamarquesa Helsingör está ao norte de Copenhague, a poucos metros da sueca Helsingborg, mar por medio.
E por fin... Malmö

O Turning Torso, de Santiago Calatrava

A cidade de Malmö está feita para o lecer. Non falo do tipo rachín-discoteca-marbellí, non, senón do feito impagable de rañala sen facer nada, dun lado para outro, tomando uns tóspiros e botando uns risos cos colegas. Pero con só levanta-la cabeza, o paseador nato logrará divisar a Turning Torso, e rañaceos que se retorce sobre si mesmo, deseñado por Santiago Calatrava e inaugurado hai unhas semanas. E se ademáis o ceo está tan azul coma cando fumos nós, a cousa é total!! (Resumo: Malmö é algo máis que un equipo de fútbol que xoga tódolos anos en Europa aínda que nunca pase de oitavos).


