30 August, 2005

Escondenavia, quinta provincia galega


Vieiras en Noruega Posted by Picasa

Non só Suecia está sometida á oculta colonización galega. Varios puntos de Escondenavia xa caeron nas redes do Miño. Esta imaxe tomeina en Noruega, na localidade de Narvik, nos fiordos do norte. Unha cidade abraiante, de verdade, do máis incrible que levo visto, espetada no mar e rodeada de montañas nevadas, onde no verán é día as 24 horas, e no inverno péchase en noite durante tres meses. A vieira está recollida nun escudo de armas do Museo da Memoria da Segunda Guerra Mundial, onde se recorda a miles de persoas que morreron defendendo patrias nesta cidade, naquel tempo no que os noruegueses vivían ocupados polos nazis e Suecia deixaba pasear ás tropas de Hitler mentras proclamaba, proclama, a súa neutralidade no conflicto. Pois iso, velaí a cuncha que emerxe camiños no seu punto máis alto. Por se serve de algo. (Os escondenabos: galegos coma ti).

O mundo cheirento do surströmming


A fuxir!!!!!!!!!! Unha lata está aberta!!! Posted by Picasa

Imos ver... Surströmming: "arenque do Báltico fermentado". Ata aquí, ben. En fin, pronunciar a palabra sueca é peor cunha dentallada no escroto, pero prosigamos. O peixe en si é o "strömming", o arenque de marras, que unha vez pescado conservase en sal dun ano para para o outro nestas latiñas que vedes. O caso é que, como Tristán, ou o odias ou o amas (hai moito masoca...) porque cando a tapa da chisma se abre, media Suecia fuxe espantada, tanto é o cheiro que solta, e a outra permanece disposta a meterlle o dente e poñer cara de orgasmo matutino. A cousa é heavy, non pensedes. "Que non se che ocorra abrila dentro da casa!!", recomendoume un loiro coma se me explicase o sistema contraincendios do edificio no que vivo. Admito que, de momento, non provei o peixe este, porque é preciso de certo acto ceremonial intrínseco á apertura (hai ata Academia), acompañado de cervexa e pan duro, pero fareino pronto cuns colegas que insisten diariamente en levar adiante esta experimentación na miña presencia. De momento, non existe o mal dos surströmmings tolos, nin a gripe surströmica, así que, por que non...

28 August, 2005

Hej carballeira!!!!


Confirmado: Suecia é a prolongación de Galicia Posted by Picasa

Xa vedes. As miñas teorías confírmanse. Galicia mantén colonizada a Suecia. Certo, poucos o sabemos e ninguén admite falar da cholla, pero os feitos, amigos, están aí. Na imaxe podedes contemplar un gaiteiro mollando a palleta, aquí, no medio de Suecia, en Dalarna, unha rexión que conserva interesantes tradicións, e ata un dialecto moi peculiar. É máis: "Ola!", en sueco, tradúcese como "Hej!". Unha proba máis de que o "Jei carballeira!" noso confúndese nas súas orixes cos substratos suecos, que compoñen un mapa galego ata agora descoñecido.

Isto é Dalhalla


O escenario minutos antes de comezar a obra Posted by Picasa

Impresionados quedamos do escenario do Dalhalla, situado dentro dunha mina calcárea ao aire libre. A imaxe impacta ao chegar, por un camiño que rodea o escenario ata o corazón mesmo da excavación. A acústica é fantántisca, anque a posta en escea de Arn, a obra en cuestión, non foi tan espectacular como merecía o entorno. De tódolos xeitos, recoméndoo, si, si.

27 August, 2005

En svensk lunch


Abborre och öl Posted by Picasa

Esta é a papatoria que se va a meter mi cuerpo dentro duns minutos. Lembrade que o salmón, aínda que moi consumido tamén en Suecia, é máis típico de Noruega, así que está ben probar de todo. Hoxe toca "abborre", que é unha especie de perca. Á prancha está caralluda. E para que baixe, nada mellor que unha "lätt öl", cervexa "lixeira", de 3,5 graos... Estas cómpranse nos supermercados habituais, porque se o que queremos é arrimarnos unha "stark öl", unha cervexa "dura", como debe ser, con máis gradación, teremos que pasar polo Systembolaget da cidade, a empresa pública con exclusividade para vender alcool. Xa vos contarei. Pola noite, os dous (os tres ;) ) tiraremos cara Rättvik, a dúas horas de Gävle, para ver unha espectáculo que está a ter moito éxito en Suecia, nun teatro ao aire libre, o Dalhalla.

25 August, 2005

En ocasiones veo buratos


Hai outros mundos, e non todos en Galicia Posted by Picasa

Si, amiguitos, a falla de Círculo de Lectores, en Suecia, o que toca as narices é este fenómeno de la naturaleza, que diría Chiquito. Volven os círculos concéntricos en leiras e prados de Suecia. E digo volven, porque xa nos 90, unha morea de debuxos deste tipo encheran o Norte do Norte, ademáis de en Inglaterra. A imaxe que vedes foi tomada esta mesma semana, perto de Nyköping, no corazón de Suecia. A crónica do xornal non fala de parapsicoloxía, movementos telúricos ou a man de Acebes. Non, o terror non ven de aí. Os labregos están convencidos de que os culpables son algúns pinchapallas que se adican a estragar o alleo para sairen nas medios. E se cadra sexa certo.
Se tal teoría se confirma, considero sen dubidalo que foi un galego o armadanzas da cuestión. Suecia é a prolongación de Galicia e o proceso de colonización vai máis alá de montar churrascadas na vila onde vivo. O dos círculos foi un galego. Ou dous. Pero ninguén mellor que un galego para darlle voltas ao mesmo tema, varias veces no mesmo sitio e sen levantar sospeitas. Ou que?
Manterémosvos informados.
Dixen.

19 August, 2005

Pronto, moi pronto...


...teredes noticias miñas. Posted by Picasa

DX För Fan: Imos a máis


Pinchade sobre a imaxe para ampliala Posted by Picasa

Xa vedes como vai a peña brancaazul "DX-För Fan" (DX-caralludo!!!). A lista exténdese como a barriga de Tristán. Comenteivos máis dunha vez o interese que esperta o Depor en Suecia, é alucinante e case con máis criteiro que as tertulias do bar Zurich. Todos andan preguntando agora que se Lendoiro ficha a alguén, que se marcha non sei quen, que se imos gañar algo... O Depor é o Depor, amigos, que máis ten gañar por un gol que por dous, o caso é non levar un golpe!!! Foooooooooooooooooooorza Deeeeeeeeeeepor!!!!

16 August, 2005

"Ailalelo" lapón


A bandeira do pobo sami Posted by Picasa

Cando fun a Kiruna, a capital dos samis suecos (ou "lapóns", anque esta palabra ten connotacións de "parvo", "marulo"), xa vos contei un chisco o que se coce por aló arriba. Os samis son un pobo especial, seminómada e un tanto conformista. Como os galegos... Velaí unha proba máis de que o Norte do Norte é unha prolongación de Galicia. Os samis -esterilizados polos nazis e esquecidos pola Suecia fetén, a do sur- viven dos renos e dos bosques, ó longo da parte norte de Suecia, Noruega, Finlandia e algo de Rusia. E anque non son un exemplo de conservacionismo cultural (certo: como os galegos), posúen unha tradición oral, perdida en boa parte, que contén música propia: o "jojkning", que é moi semellante ao "lalalá" galego. Escoitei algunha cousa que ben parecía soltada da gorxa de Mercedes Peón!!! Este é un exemplo dos "ailalelos" samis.
http://www.saami.info/jojk/renar_thomasegemyrponga.wav

12 August, 2005

Corre Gunilla que chove!


Uniforme homologado sueco para auga mollada Posted by Picasa

Estamos na Cityfesten, que como poderedes imaxinar é como se lle chama ao rachín verbeneiro de verán en Gävle. O problema é que chove como nunca e a festurri perde moito. No xornal local aparece publicada a foto que vedes arriba, baixo o título "o estilo correcto para a choiva da City". Esto, en Galicia, chámase "ir de choqueiro", pero debe ser que "choqueiro" anda jodido para ser traducido e quedou como lestes... De todos modos, aínda estades a tempo para gozar da Cityfesten (http://www.gavlecityfest.se/). É apaixoante, amigos: onte sen ir máis lonxe actuou Mariana Ortega e o seu cadro flamenco e hoxe temos gospel ás 5 da tarde, que como de todos é sabido, é a hora mundial do gospel (seica vistes ás 5 da tarde algunha vez a un negro pola rúa? Non, claro, a esa hora, os negros están cantando gospel. Facede a proba, porque se vedes a algún, significa que chega tarde á reunión do coro de gospel).

07 August, 2005

Suecia según Vargas Llosa

Moitos de vós preguntádesme como carallo pode manter este nivel de vida un país tan grande en extensión e cativo en poboación como é Suecia. Tamén eu, nós, dámoslle voltas ao tinglao. Cal é o segredo loiro? Por que non hai estropicios sociais a pesar dos altos impostos? Como é que todo o mundo disfruta de axudas e a caixa do Estado non estoupa? Por que o pianista de Abba parécese tanto a Santiago Segura?... Hoxe lin un artigo de Vargas Llosa en El País (xa vedes, espertei sintíndome cultureta) sobre a miragre sueca. Se vos interesa o tema botádelle unha ollada. Estes son algúns retrincos do seu "Hacerse el sueco" (7 agosto). Ollo á parte destacada en negro, a ver que opinades:

"El reciente libro de Rojas (Mauricio Rojas é un chileno que vive en Suecia; é escritor, profesor universitario e parlamentario sueco) "Suecia después del modelo sueco" (2005), describe con claridad y precisión cómo sus nuevos compatriotas han ido, aproximadamente desde 1991, cuando Suecia vivía una crisis económica sin precedentes, desmontando "la última utopía" de la izquierda intervencionista y estatizante que, con el desplome de la URSS, "se quedó con las manos vacías."
"La profunda reforma del Estado benefactor la inició el Gobierno conservador de Carl Bildt (1991-1994), pero la socialdemocracia, al recuperar el poder, no abolió ninguna de las reformas y más bien las profundizó. Un aspecto particularmente interesante de este proceso es que la juventud de los socialistas democráticos fue una verdadera punta de lanza de esta transformación, propiciando una campaña en torno a la idea del "poder propio", es decir, la democratización del Estado benefactor transfiriendo a los ciudadanos un derecho de elección sobre una serie de actividades y funciones que el Estado les había confiscado."
"¿Cuántos de los lectores de este artículo sabían que en Suecia funciona desde hace años y con absoluto éxito el sistema de vouchers o cheque escolar promocionado desde hace tantos años por Milton Friedman para estimular la competencia entre colegios y escuelas y permitir a los padres de familia una mayor libertad de elección de los planteles donde quieren educar a sus hijos? Yo, por lo menos, lo ignoraba. Antes, en Suecia, uno "pertenecía" obligatoriamente a la escuela o el hospital de su barrio. Ahora, decide libremente dónde quiere educarse o curarse, si en instituciones públicas o privadas -con o sin fines de lucro- y el Estado se limita a proporcionarle el voucher con que pagará por aquellos servicios."
"¿Cuántos de mis lectores sabían que los trabajadores suecos ya han conquistado el derecho de disponer libremente de parte de sus ahorros para la jubilación colocando estas sumas en una gran variedad de fondos alternativos? Es decir, aquella reforma de los fondos de pensiones que se inició en Chile, que ahora trata desesperadamente -y con muy poco éxito por lo demás- de imponer la Administración Bush en los Estados Unidos, es ya una realidad en Suecia desde fines de los años noventa. Con razón dice Mauricio Rojas que "esto ha convertido a los suecos en uno de los pueblos más capitalistas de la tierra, creando un interés inusitado por los vaivenes de la bolsa de valores" (...) Cuando es Big Brother el que decide al respecto, claro, al impotente ciudadano no le queda más remedio que cerrar los ojos y encomendarse a la Virgen de Lourdes (o a cualquier otra)."
"El Estado benefactor sueco se inicia con la hegemonía socialdemócrata en la vida política del país en 1932 y durante casi sesenta años funciona de manera admirable, con muy esporádicos altibajos, garantizando a la sociedad sueca unos altísimos niveles de vida, una gran cohesión social, unas diferencias de ingreso entre la cúspide y la base absolutamente razonables, libertades públicas garantizadas y un envidiable desarrollo económico? ¿A qué se debió este "milagro"? ¿Por qué en Suecia funcionó de manera tan eficaz un sistema que en todos los otros países donde se implantó -sobre todo en los países en vías en desarrollo- funcionó sólo a medias, o mal, y entró rápidamente en crisis?
Mauricio Rojas lo explica muy bien. El sistema funcionó en Suecia porque allí la bonanza económica precedió a la asunción por el Estado de todas las responsabilidades de protección social, y porque el intervencionismo estatal, ecuménico en lo relativo a la prestación de servicios sociales-educación, salud, jubilación, protección a la vejez- tuvo un límite que nunca traspasó: el de la creación de la riqueza, donde la empresa privada gozó de un amplísimo margen de libertad para ejercer todas las iniciativas y desarrollar toda su creatividad, regulada sólo por las reglas del mercado. Lo cual da una tardía justificación a una tesis de Marx que sus discípulos luego olvidaron: el socialismo será la última etapa del capitalismo, no la primera. En países pobres y preindustriales el socialismo fracasa irremisiblemente porque no hay riqueza que repartir, sólo más pobreza. Y el estatismo y el colectivismo jamás han sido capaces de desarrollar y modernizar un país.
El reparto de funciones -Estado benefactor de servicios y empresa privada creadora de riqueza- fue posible en Suecia gracias a vastos consensos que, desde los años treinta, pusieron de acuerdo a trabajadores y empresarios en respetarlo e impulsarlo, lo que dio a la vida industrial sueca una estabilidad infrecuente en el contexto europeo y un empuje poderoso. Pero, acaso, más importante todavía fue la confianza en las instituciones públicas, en los gobernantes y en el propio sistema así erigido, por parte de la ciudadanía. Ese convencimiento íntimo de que aquella organización de la sociedad era la que convenía y de que quienes la administraban lo hacían con eficiencia y honradez es lo que permitió que el sistema se afianzara y que, por ejemplo, los suecos aceptaran dócilmente pagar los más elevados impuestos del mundo. ¿Acaso ese sacrificio no tenía extraordinarias compensaciones? "
"Y, en vez de la garantía de la justicia social, la fuente de innumerables problemas. ¿Elevar todavía más los impuestos? Imposible. ¿Reducir las prestaciones sociales? Intolerable para una sociedad acostumbrada por seis generaciones a recibirlas. Ése es el contexto que explica lo audaz de las reformas emprendidas para "democratizar" al Estado benefactor sueco y agilizarlo y dinamizarlo recurriendo a mecanismos de desestatización y de mercado. Tiene mucho mérito, sin duda, que ello haya sido posible sin aquellos traumas y cataclismos sociales que inmediatamente estallan en los países desarrollados, como Francia y Alemania, que, agobiados por sistemas de protección social generosos pero infinanciables, tratan de modernizarlos para hacerlos viables. Nunca lo consiguen. Porque en esas sociedades no existe aquella confianza en las instituciones y en los gobernantes que permite aquellos amplios consensos sin los cuales es quimérico una transformación tan radical como debe serlo aquella que se proponga hacer viable, en este momento de la historia, un sistema de prestaciones sociales al que la mera inercia demográfica vuelve cada día más oneroso e incompatible con el desarrollo económico."
"Mauricio Rojas, en los capítulos finales de su libro, se interroga sobre los grandes dilemas del futuro para Suecia. Son los mismos para todas las sociedades europeas de alto desarrollo. En éstas, al igual que en aquélla, cada día habrá una población "pasiva" más numerosa a la que una población "activa" cada día más pequeña deberá mantener. ¿Cómo conseguirlo, a la vez que se preservan las libertades de la cultura democrática, se mantiene el crecimiento económico, se ganan nuevos territorios del conocimiento científico y tecnológico y se responde con eficacia a las amenazas del terror? Hay muchas respuestas a estos interrogantes y algunas contradictorias. Pero hay una que no tiene alternativa: es fundamental una política que promueva la inmigración, sin la cual ni Suecia ni país europeo desarrollado alguno está en condiciones de mantener sus actuales índices de producción. Desde luego, la inmigración, si no es fomentada con inteligencia y de acuerdo a un plan funcional puede ser, no la ayuda indispensable que significa en este último caso, sino el origen de fracturas sociales, de violencia y de inestabilidad."
"Mauricio Rojas nos explicó la sorpresa y el choque emocional que había sido para muchos suecos descubrir hace algunos años que en esa sociedad modélica había unos bolsones de pobreza y marginación de inmigrantes que hasta entonces habían permanecido poco menos que invisibles para el grueso de la opinión pública. Y, también, el desconcierto de muchos de sus colegas en el Parlamento sueco, cuando dos diputados "inmigrantes", él y una sueca de origen africano, defendieron la tesis de que se estableciera la obligatoriedad de aprender sueco para aquellos inmigrantes que pedían la nacionalidad. ¿La razón? Que mientras no se integre cultural y cívicamente al país de adopción, el inmigrante será inevitablemente un excluido, propenso a ser explotado y abusado, y a adoptar actitudes hostiles y beligerantes contra una sociedad que siente ajena. Según él el multiculturalismo no funciona, es incompatible con una política de inmigración eficaz, y ejemplo de ello son los casos de los portadores de bombas que produjeron las matanzas de Madrid y de Londres. "
"Por el contrario, es lo que están haciendo ahora en Suecia con su Estado benefactor lo que debería servir de ejemplo a los países prósperos o pobres que no quieren quedarse demasiado rezagados en esa carrera desalada y confusa en que anda metido el mundo en que vivimos."

03 August, 2005


E vós que o vexades Posted by Picasa