29 June, 2005

Blowing in the wind


Que vos pareceu o libro a todos vós? Escribídeme!! Posted by Hello

Hoxe, un día máis, volvo estar emocionado. Debe ser a idade, pero últimamente pásame bastante. Son trazos que debuxan a vida, que permiten descontrolala, tragar aire e chiscarlle un ollo ao destino, que foi quen de abrazarme a moitos de vós. Xente boa e xenerosa.
Na foto vedes un libro feito dende a paixón. Nótase porque si. Porque só hai que acariciar un libro para caer na utopía, que claro que existe, é a única realidade que existe, e está sentada aí con nós, agardando a tomar un café coas pernas cruzadas.
Eduardo Herrero é a man da que saiu a vida de Rosaura López e John Lennon. Edu vive en NY dende hai uns meses, onde é correspondente da TVG. O da tele foi, é, digamos, unha excusa perfecta para pasearse ó lombo da guitarra en Central Park, vendo os segundos correr e dictando as voltas do mundo. Neste mundo de repugnantes tranquilízame saber que aínda hai xente que vive dun susurro do corazón. E mentras esto aconteza, soplará o Atlántico cos seus impulsos, traendo letras bonitas co vello Walt Whitman á beira do Hudson. Certo é que a resposta, amigo, chega co vento...

28 June, 2005


Suecia amenceu hoxe chea de bandeiras galegas Posted by Hello

ADEUS MANOLO

...adeus

24 June, 2005

Telerueiro


A presentadora de continuidade da tele pública sueca Posted by Hello

Ben que me gustaría ver aos presentadores da TVG vestidos de gaiteiros, cun fondo da ría do Burgo e unha boa ración de polbo na mesa. A todo se andará. Pero de momento, que saibades que a cousa non sería orixinal. Vedes na foto á presentadora da SVT, a tele pública sueca, que nese momento dá paso á peli "O paciente inglés". E vai así porque Escondenavia celebra o "Midsommarafton", versión algo light do San Xoán galego (ninguén pota polas rúas nin se busca freba en plan desesperado): todo o mundo baila a "danza da rá" arredor dunha estaca fálica (si, amigos, non estou a fumar), papa amorodos a feixes, pimpla augardente chungo e trogollón de cousas máis. Nós non fomos menos, of course.

23 June, 2005

Quen dixo que non vai calor?!!


Non se move unha palla Posted by Hello

Si, amigos, no verán os osos non se pasean polas rúas de Suecia. Vai un calor que tira para atrás. E por riba estamos no Midsommar (o San Xoan nórdico), cando máis se disfruta do ambiente, da xente, da cidade... Marta e eu pensamos celebralo cos colegas suecos "a lo grande", como se estivesemos amarradiños na mesma praia de Santa Cristina ou Riazor (snif...), pimplando, bailando e correndo entre as cacharelas (aquí tamén hai fogatas). E nada de españois amargados, por suposto, esto hai que gozalo ben mergullados nas tradicións suecas!!!!!! Xa vos contarei!!!!!!!

20 June, 2005

Camariñas? Non, Gysinge


Galicia e Suecia: todo encaixa Posted by Hello

Non, amigos, non é unha bella estampa de palilleiras en Camariñas, senón un taller en Gysinge, na Suecia rural, onde crean encaixes moi similares ós galegos. Gysinge é unha aldeíña recuperada no Parque Nacional de Färnebofjärden, moi recomendable nestes tempos de calores (30 graos tamén se viven en Suecia estes días, co sol a machado, en Gävle, dende as 3 de mañá). Xa vedes, esta é a enésima mostra de que Suecia procede da colonización galega que non recollen os libros de historia pero que eu, si, amigos, estou convencido de poder demostrar. Dixen.

17 June, 2005

Pero aínda haberá quen teña narices de queixarse da sala de Prensa de Riazor?


Saca de acó que me poño eu Posted by Hello

Este é un exemplo de rolda de xornalistas sueca para que vos fagades a idea. A imaxe é dun hotel de Gävle, onde puidemos preguntar a cinco (!) representantes da selección sueca que esta fin de semana participarán na Primeira División europea. Entre eles Stefan Holm (ouro en salto de altura en Atenas), Karolina Klüft (ouro en heptathlon en Atenas) e Jenny Kallur (prata en 60 m. valados nos Europeos de Madrid, por detrás da súa irmá xemea Susanna).
Pois ao conto: O rollo empeza coa presentación dos atletas e co programa de actos. E continúa coa rolda de preguntas... que fai o xefe de Prensa!!!!! Quen mellor para romper o xeo!!!! O valente é o rapaz pelado que aparece á dereita, aí, de pé, dándolo todo. E logo si, falamos nós (sobra decir a cara que puxo toda esta canallesca cando me escoitaron preguntar sobre a competencia española. Máis dun estivo a punto de dicirme: "una shan miguell, por favorrr").

Pero nesto, gáñannos...


E nós cos bocatas fuleros da Champions! Posted by Hello

Pero a que nunca vistes unha rolda de prensa tan sana? Ben, digo eu que debe ser de coña, ou con chocolate e crema por dentro, porque se o fulano que está en primeiro plano vive a base da froita esta, cantos tópicos derrubados!!! Pois eso, que aprendan en Galicia. Que os xornalistas non vivimos do aire. Imaxinádevos unha entrevista en Riazor:

-Diego, ñam, ñam, te estás, ... perdón, poniendo en forma o como siempre?
-Si, la verdá eh que quiero sé capitán y me lo estoy currando.
-Una, ñam, perita?
-Perdón?
-Una fruta, ñam, ñam, que si quieres una fruta.
-Fruta? Qué eh una fruta? Con qué se bebe?

(País! Que diría o mestre Andrés Ríos)

16 June, 2005

Ímonos de vodaaaaaaaaaaa!!!


María e Raúl Villares casan Posted by Hello

Como teño o gusto de telos como amigos, quero que todo o mundo o saiba. Dous xornalistas, María e Raúl (goooooooooooooooooool na Malata) de Ferrol, con peito, forza e paixón, casan dentro duns días para gloria da profesión, que demostra que os compañeiros poden (e deben) ser amigos, e ata tar namorados, que xa é pa flipar. Vamos, que sirva de exemplo para as guerras mediáticas que se viven nas mondas. Moitas felicidades para os dous, sobre todo para Raúl, que é o que gaña máis na operación, e saúde gorda na vosa vida, que a merecedes. Coma un mundo.
(PD: Non é que á invitación lle falten letras, nin que os noivos aforraran en caracteres: o que queira saber a data que merque o Hola!, que carallo...)

12 June, 2005

Viaxe ó corazón ostrogodo


Con Bosse e Åsa en Kolmården Posted by Hello

Si, amigos, esta fin de semana achegámonos ó país dos ostrogodos, recordados polas chapas infinitas recibidas en EXB de Teodorico, Alarico (non, Kiko, non) e os demáis... A provincia de Östergotland ("país dos godos do este") mira ó Báltico e, como toda a costa, está repleta de arquipiélagos e embarcadeiros. Aquí, pertiño do parque zoolóxico máis grande do norde de Europa, está a preciosa aldeíña de Kolmården, onde botan boa parte da vida Bosse e Åsa, que nos convidaron a pasar a fin de semana na súa "villa" (variante dialectal sueca de "vila", coa mesma pronuncia, e que volve a demostrar que o sueco procede do galego). Bo Grönwald é o catedrático de Filoloxía Española na Universidade de Gävle, co que teño o pracer de compartir unha fantástica amistade e que o próximo curso convertireime no seu compañeiro. A súa dona, Åsa, é unha muller encantadora, unha fantástica conversadora que adora a sicoloxía. Os dous exemplifican o carácter sueco: xente marabillosa, que abre a casa cara o fondo, ata que topas de fronte co seu corazón bó e xeneroso. Non poderemos esquecer estes días. Nin queremos. (Tack kära vänner!)

A canle de Söderköping


Åsa e Marta pasean pola beira do canle Göta Posted by Hello

Vedes agora Söderköping ("o centro comercial do sur", en sueco), unha das cidades más antigas de Suecia, que no século XIII foi un dos mercados agrícolas máis importantes do país e agora protagoniza un tramo do canle de Göta, resultado da enxeñería fluvial e similar en deseño ó de Panamá. Ó fondo vedes un barco de recreo que deberá pagar unha taxa para que se lle abran e pechen as esclusas e poida así proseguir a súa viaxe ata a súa desembocadora, no fiordo de Slätbaken, a 5 quilómetros.

Norrköping, "a Manchester sueca"


Mottala Ström e Casa do Concello ó fondoPosted by Hello

Presentámosvos a quinta cidade de Suecia en habitantes. Norrköping ("centro comercial do norte") é coñecida como a "Manchester sueca", e non porque o alcalde se pareza a Van Nistelrooy ou porque teñan un teatro que dá o sono, senón pola súa actividade industrial do século XIX, que creou unha paisaxe insólita no centro da cidade. Agora, todas esas naves están destinadas a centros culturais e de ocio (hai un museo dos oficios altamente recomendable), e dá gusto pasear polo centro e percorrer as súas innumerables pontes.

10 June, 2005

Sommartider, hej-hej, sommartider!!!


Polas rúas de Gävle Posted by Hello

Remataron as clases!!! Toda Suecia sae á rúa para festexar tamaño evento. Certamente, o de estudiar neste país é un chollo. Xa non porque o estado pague fino, non, senón porque as carreiras son tipo CEAC. En dous anos podes rematar uns estudios que en Galicia son de cinco, e cousas así. Claro, por eso as cifras demostran que Suecia está na cabeza de formación universitaria. Os exames son unha experiencia impagable: todo o mundo vai co boli, unha calculadora... unha laranxa, un plátano, tres mazás, un pasteliño, un termo de café, unha mirinda. Falo completamente en serio. O día que entrei díxenme: "carallo, pero cuán longo debe ser o exame este!!! Ou será que entrei nun zoco?" Ah, e flipade, pódese ir ó servicio en medio da proba (pero estes non saben o que é sacar unha chuleta de brontosaurio????) anque non fumar mentres escribes (eso dixo unha tipa cando se pecharon as portas). Curioso, eh?

Grattis!!!!!


Gävle Posted by Hello
Grattis mina kompisar!!!! Jag vet att jag inte kommer att se på några nästa termin men jag hoppas att allt går bra. Några av oss kommer emellertid att gå på Svenska A (SAS är klart!!!) och Spanska C på Uppsalas Universitet. Så ses vi där för att plugga (inte för mycket) och ha det kul!!! Trevlig sommar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! (Och tack för terminen)

06 June, 2005

Éxito da Operación "Ribeiro Luminoso"


Nicetrip (Curros Enríquez, 29, baixo. A Coruña) tamén en Suecia Posted by Hello

Proba suuuuuuuperada, amigos!!! Dous galegos acadaron pasar unha noite de sol sen necesidade de garimbas. Ver a luz ás doce da noite non o consigue Markés de Koes e a súa pranta de quimicefa. Estamos na primeira fin de semana de xuño, e a Operación R.L. acadou cruzar o Círculo Polar Ártico en medio de renos, esquíos e algún ser humano. Abrochade os cintos e preparade as gafas de sol. Imos!!!!

Fai un sol de carallo (00:05 h.)


00.05 h. Posted by Hello

Non hai gato nin can que durma decentemente no verán nórdico. Pasada a medianoite, confirmamos no reloxo do colexio de Narvik que a luz segue acesa aí fora. Os paxaros cantan e a xente pasea pola rúa coma se fose mediodía, coma se a xornada durase tres meses, sen ver sequera unha triste persiana nas fiestras. Narvik, no norte de Noruega, é unha marabillosa cidade, reconstruida logo da II Guerra Mundial, cando foi ocupada polos nazis para controlar a saída ó mar do ferro que chegaba de Kiruna (logo falarei dela). Neses tempos, Suecia declarouse "neutral" pero permitía o paso das tropas de Hitler, que recibía o mineral dende Kiruna mentras os seus veciños noruegueses as pasaban canutas.

Confirmado: o sol é galego


Medianoite Posted by Hello
Nin sube nin baixa, nin entra nin sae, nin se agacha nin se amosa. Está claro: o sol é galego . É o enésimo detalle que une o Norte (galego) e o Norte do Norte (países escondenavos). É perto da unha da madrugada en Narvik (Noruega), e como vedes a rapazada divírtese dando rulos coas lanchas. O porto, creo, é coma o picadero de Bastiagueiro, anque neste caso mollas seguro. É dicir, o persoal fai o garrulo coa churriña dentro, facendo méritos a golpe de onda, e pasea as hormonas polo fiordo logo de tomar uns tóspiros a pleno día (ou noite?).

Renos a esgalla!!!


Onde cona andará Papá Noel? Posted by Hello

O que vedes non é algo extraordinario. Ben, Marta e eu pensabamos que si ó principio e parabamos cada dous minutos a retratar a estes bechos. Pero resulta que os renos andan ceibos por todo o norte e "asaltan" a estrada tranquilamente, co que hai que andar finos para frear sen que entre ningún polo parabrisas. Si, amigos, o dos renos é outro dos tópicos suecos que se confirman...

Kiruna: a capital da Laponia sueca


Igrexa de Kiruna Posted by Hello

Kiruna é a capital sueca da familia de Julupukki, Noeli e ó resto de lapóns (ou "samis"). É a cidade máis extensa do mundo (20.000 qm. cadrados) e a súa grande riqueza está no ferro. Hai unha mina espectacular de onde se extrae o mineral ata Narvik, como xa vos contei. A igrexa que vedes na foto é de madeira e ferro, e ten un mural no altar que lle da un ambiente especial.

Fiordos (as rías norueguesas)


O Pedrido, pero con neve Posted by Hello

Coma as Rías Altas pero en branco. En xuño, co desxeo, as montañas asoman verde e dan un contraste que te flipas punto com. Animádevos, amighos, o Polo Norte é unha experiencia única!!!!!!!

03 June, 2005

Mauro, Mauro Silva


Mauro Silva. Posted by Hello

Non teño a mínima de intención de encher de tópicos o blog. Porque falar de Mauro é como facer un discurso sobre as cualidades que debería ter o ser humano. E eso, aparte de empalagar, soa tan ben que perde o fondo, o sentido. Hoxe recibín unha mensaxe súa. Quería despedirse. E mirou cara o Norte. Estou tan emocionado que só podo facer unha cousa: compartilo con vós. Sobre todo, con aqueles que aínda soñan coas súas danzas na pista do medio campo e se resisten a borrarlle unha banda azul, azul atlántico, da camiseta que bica a praia de Riazor. Non o fagades nunca. (Gracias, Mauro)