Viaxe ao sol que nunca se pon

Nestas datas o sol nunca desaparece no Círculo Polar

A próxima fin de semana vai ser apaixoante, amigos. Dous galegos fan o máis difícil todavía. Non só viven no Norte do Norte, onde o aire dá a volta, senón que nun ataque de nordesía, o sábado pousarán os seus corpos no Norte do Norte do Norte. Estamos a falar do Círculo Polar Ártico!!! Kiruna, en Suecia, e Narvik, en Noruega, serán os nosos cuarteis nesta visita ó imposible. Entre as semanas 22 e 28 (os suecos falan de semanas como nós de feiras e cabodanos) poderedes observar nas rexións polares o Sol de Medianoite. Só entre as semanas 22 e 28, porque senón é mellor agardar (haivos moito despistado). Kiruna está a 1074 quilómetros de Gävle e a norueguesa Narvik, onde pensamos tomar un barco e cruzar os fiordos nórdicos, a 180 qms. máis. Pódese ir en tren, en coche, a pe e mesmo en alce, pero recoméndovos ir en avión ("Flynordic" ofrece uns vós tirados dende Estocolmo) para non perder tempo. Por aló arriba moverémonos en coche alugado. En fin, xa vos contarei dentro dunhas semanas. Por suposto, admítense comentarios, suxestións e consellos. Se sabedes dalgún dato importante facédenolo chegar.








