11 April, 2008

E eso é bó ou é malo para o Exército?


-Señora Chacón, me gustaría darle el empleo. Sólo una cosa: ¿usted tiene pensado quedarse embarazada en los próximos meses?

O recorte foi tomado da edición de El Mundo de Internet. Que pensará Agatha Ruiz de la Prada? Será un exemplo de xornalismo liberal, seguro, pero a min prodúceme noxo este sexismo de tres pesetas. Suxire o rotativo de Pedro J que o feito de estar embarazada inflúe no rendemento? Ou quizáis pretende tranquilizarnos ao afirmar que, posto que está preñada, é moi posible que Carme Chacón non sexa unha maricona (de merda) roxa?
Aínda hai empresas, moitas, que preguntan á entrevistada se pensa ter fillos daquí a pouco. Laissez faire, viva o liberalismo.

O prezo dos mortos

-Viches? En Iraq morreron xa máis de 600.000 persoas. E catro mil americanos!
-Que barbaridade... Catro mil americanos!

01 April, 2008

Cinco minutos para ti

Os suecos tomaron hoxe unha pausa de cinco minutos de tranquilidade e descanso (Foto: DN)

Había tempo que non paseaba polas pensións de mamá Pavor. Si, amigos, hoxe regresei ao dentista. Por suposto non se debía a unha limpeza e/ou coidado oral que tanto recomendan 9 de cada 10 dentistas (o que queda ten que ser un puto cachondo...), eso déixollo aos masocas, senón por dor, pura e simplemente. Éme inconcebible que alguén poida espertarse un día con tamaño amor de dentes que as encías tiren bucólicas cara unha clínica de piños. Hainos, que nesta vida ten que haber de todo, pero dende logo non é o meu caso.
Alí estaba eu, sentado na sala de espera, con ese silencio de tanatorio onde todos nos dicimos coa mirada: "non somos ninguén", "pena de dentífrico cando era cativo", "como unha cousa tan pequena pode facer tantísimo dano, Señor"... Nese momento, a vida pasa coma unha peli. Ves unha luz ao final. Sae dunha habitación. É a lámpada que vixila dende arriba ese sillón de segunda man recén chegado de Guantánamo onde te sentarás con postura fetal nuns segundos pero que unha vez alí serán séculos.
Mentras agardaba, digo, pensei que o peor que lle pode pasar a un cagado coma min sería chegar á clínica e que, ao entrar, catro fulanos con bata branca se animansen cun "coño, por fin un cliente".
Pero cando todo esto sucedía, en Estocolmo, esa marabillosa cidade galega do Norte, alguén (autodenomínanse "Colectivo Antiestrés") decidiu convocar ás xentes a cinco minutos de "tranquilidade e descanso". Anna Engström e Henrik Norström, como vedes na imaxe, os respectaron na Grande Estación Central sueca. Benditos sexades.

30 March, 2008

Drogaedictos

Defender a igualdade cun ollo ao tempo que co outro se debulla un listín entre apelidos arios e xitanos paréceme, cando menos, esquizofrénico. Por non dicir que me parece abraiante que haxa alguén disposto a debuxar a estrela de David sobre a porta dun veciño por ter a firme convicción de que é un delicuente ou, nin sequera eso pero, por non se sabe que intución, inspira trazos a opositor ao talego. Todo esto vén a conto da leria esta de Novo Mesoiro, onde algúns veciños incurren nun dobre erro: a) pensar que os xitanos de Penamoa (Peñamuela, que diría sir Vázquez) non merecen a integración, e b) o que é máis grave: pensar que un veciño, polo feito de ser paio ten menos posibilidades de trapichear con papelinas.
Algún día, estou seguro, a xente volverá sair á rúa, como facía Carmen Avendaño, para dar leccións de dignidade e asfixiar ás ratas que habitaban pazos e circulaban en carros de gran cilindrada. O resto é camuflar o lixo con parches de dudosa ética.

Non me quero imaxinar que pasará se o día de mañá os xitanos son maioría e deciden que a raza aria, a nosa, debe penar polos delictos cometidos. Chéirame que, daquela, non quedariamos nin un.

25 March, 2008

Que alguén mo explique

Premede para ampliar


Acabo de recibir esta convocatoria de prensa. Teño algunha dúbida da hora en concreto...

21 March, 2008

Conversa real

-Avoa, quen é esa señora que aparece na foto?
-Pois é miña nai, a túa bisavoa.
-E por que tes a súa foto?
-Porque me gusta.
-(...) Xa... Pero gústache como muller ou como persoa?

Sen palabras

En Perillo. Hoxe.

20 March, 2008

Os Chikilikuatres do Norte

Aí vos van os representantes escondenabos a Eurovisión. Algo decepcionante en relación con outras edicións, vós diredes.




Que manía a dos suecos de enviar as cancións en inglés. Para eso me matei en estudiar sueco? En fin... Suecia busca os outros Abba ou a outra Carola, pero non dá chegado. Esta Charlotte Perrelli e o seu tema "Hero" parécenme un tostón.





Noruega envía a unha cantante melódica: a actriz Maria Haukaas. A canción titúlase Hold On Be Strong.




Finlandia fai o que sabe e lle dá bo resultado: o hard rock. Se os Lordi gañaron no seu día, por que non Teräsbetoni (pronúnciase terasbetoníiiii e significa "cemento armado")? Este é o seu tema: Missä miehet ratsastaa ("por onde galopan os homes"). Agradécese que cando menos utilicen o finés...

De barnmorskas, comadronas e mus

Non vou dar a chapa sobre historias filosóficas e mitos de cavernas, pero hoxe deume por pensar se será certo eso de que as palabras están agochadas dalgún xeito, por aí pola alma, e só necesitamos o obxecto para que estas xurdan coma unha aparición. A p a r i c i o n.
Agora que andamos a voltas co Día do Pai, confésovos que vivo na dislexia. Non sei dicir "comadrona". Penso nunha e sáeme "barnmorska", en sueco. Esto, que en principio parece un bó sinal de pedantería (algo que non descarto), ten a súa orixe nun novo estado vital. En Galicia non fun pai. E funo ser en Suecia. Pero as comadronas estaban aí, na cabeza, permanentemente. Só necesitaba velas e facelas cercanas. Unha "comadrona" non o foi nunca. Pero si unha "barnmorska". Pasouvos a vós algo parecido? Non acontece só co sueco, of course. Pasa co noso idioma. Cousas que sempre pensamos que se chamaban tal e logo o mundo di que non. Recordo esa etapa gloriosa de aprendizaxe do mus (máis gloriosa foi a que veu logo, con vitoria tras vitoria, co meu amigo Boga). Por entonces, deume por transmitir os meus coñecementos á panda. Xuntei aos meus amigos e ofrecínlle unhas clases. Levábamos semanas de prácticas e, un día, sumouse ao grupo outro colega de fatigas. Todo iba ben ata que os aprendices soltaron o envite maior: "Orégano!" O compañeiro que acababa de chegar alucinaba. "Orégano? Que é iso?".
Aínda é hoxe o día que se me ven á cabeza o ourego antes de botar contra as cordas aos rivais do mus cando o resto do mundo di, claro, "órdago"...

19 March, 2008

Prometo regresar

Ben, a verdade é que non sei como desculparme. Case vou estar calado e tirar para adiante. Hai xa tempo que non ando por aquí. Son dos que penso que para darlle á tecla ou serve para contar algo (co significado concreto que ten o de "contar algo", transmitir algo) ou se non paga a pena estar calado. De todos modos, prometo regresar xa. Dou ás grazas a todos os que me escribistes preguntando os motivos do meu silencio (que non é tal) e espero non defraudar. Seguiremos informando.